content top
X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero

X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero

O IES San Clemente organiza o X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero . Pode participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero

O prazo de admisión será até o 6 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios.

Bases do concurso: