content top
Aberta inscrición Pontegal 2018 para grupos musicais e artistas

Aberta inscrición Pontegal 2018 para grupos musicais e artistas

Ata o 1 de febreiro está aberto o prazo para que os grupos e artistas poidan solicitar a súa inclusión no Pontegal 2018.

É un programa da  Deputación de Pontevedra para que os concellos  e as asociacións sen ánimo de lucro da provincia de Pntevedra , podan contratar actuacións de grupos e artistas inscritos en dito programa.

Cada ano ábrese un prazo que abrangue desde principios de xaneiro e ata o 1 de febreiro para que os grupos e artistas poidan solicitar a inscrición, nun amplo abano de disciplinas que inclúe bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, agrupacións de música tradicional, compañías de teatro profesional ou afeccionado, conferenciantes, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas.

Este programa é un dos máis solicitados por parte de concellos e asociacións para levar a cabo e/ou complementar as súas propostas culturais.

Os grupos admitidos percibirán unha retribución fixa por parte da Deputación –o resto do caché debe asumilo o concello ou asociación que realiza a actividade– que queda estipulada na táboa de retribución incluída nas bases.

 VER BASES DO PROGRAMA NA WWW.DEPO.ES