content top
Actividades de Voluntariado Ambiental

Actividades de Voluntariado Ambiental

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO – LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2020.

Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
– Residir en Galicia
– Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
– Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=405

Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os úteis de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Calendario de actividades e Inscricións:  http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=405

Máis información:
Tfno: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal