O programa Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra abre a convocatoria para a presentación de proxectos-propostas de actividades para a súa XIX edición que terá lugar de xaneiro a maio de 2018.
CONVOCATORIA PRESENTACIÓN DE PROXECTOS-PROPOSTAS: do 13 de outubro ao 7 de novembro de 2017 (inclusive)
COMO? a través do formulario web que atoparedes en www.noitesabertas.gal
Con esta metodoloxía de traballo o que se pretende é que os propios mozos e mozas sexan protagonistas do seu ocio, dándolles a posibilidade de participar activamente no deseño de actividades e así poder compartir con xente da súa idade, intereses e afeccións diversas, tan diversas como é a xuventude. As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos… sempre respondendo aos fins que persegue Noites Abertas.
O ano pasado recibíronse 178 propostas das cales se seleccionaron 89 proxectos.
Para facilitar información sobre esta convocatoria, a Coordinación de Noites Abertas convoca diferentes reunións:
Posteriormente, no mes de novembro terá lugar a fase de selección das propostas tendo en conta os criterios de selección do programa, así como a avaliación das edicións anteriores. Deste xeito configurarase o calendario definitivo de actividades para 2018 que se presentará publicamente no mes de xaneiro.
A Coordinación de Noites Abertas ofrece ASESORAMENTO para consultas e apoio na elaboración de propostas a través do mail: noitesabertas@pontevedra.gal
Tamén pode concertarse entrevista noutros horarios.
MÁIS INFORMACIÓN:
Programa Noites Abertas – Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra
Casa da Luz, praza da Verdura s/n , 36002 Pontevedra
986 840367 noitesabertas@pontevedra.gal
Horario: de luns a venres de 9,30 a 14h.(do 16 ao 27 de outubro este horario verase modificado debido ás charlas informativas polo que recomendamos enviar un mail ou chamar previamente para concertar cita para orientacións na elaboración de proxectos).