content top
Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda

Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda

A Xunta de Galicia convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente

Requisitos específicos:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.

Requisitos comúns:
a) A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
b) Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda.
c) Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere estos importes:

tablavivenda1

d) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. ( IPREM mensual: 537,84 euros/mes). Este límite será de 4 veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
e) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.
f) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

O importe da axuda será do 50% da renda mensual.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xullo de 2018.
Máis información no DOG do 28 de xuño de 2018 e en http://igvs.xunta.gal