content top
Bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional

Bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), abre  convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional para tratar de que todos os mozos/as  que participan na Campaña de Verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades.

É unha bolsa de traballo para Monitores/as de Tempo Libre  con formación especializada ou con experiencia acreditada na diversidade fincional.

As persoas interesadas deberán enviar a información relativa á súa formación e/ou experiencia a través deste formulario.

A DXXPV comunicará os datos facilitados á empresa ou empresas que resulten adxudicatarias do servizo de monitorado de apoio das persoas con discapacidade nos campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, coa finalidade de seleccionar os equipos de apoio nos distintos campamentos.

A comunicación de datos procurará información sobre monitorado coa formación e experiencia necesaria para tratar de garantir a participación plena das persoas con discapacidade nos distintos campamentos, pero non implica compromiso de contratación por parte da empresa adxudicataria.

A presentación do formulario leva implícita a autorización para trasladar os datos consignados no formulario á empresa adxudicataria do servizo de monitorado de apoio.

Podes aclarar  calquera dúbida no enderezo:xuventude.programas@xunta.es