content top
Campamentos “Depo Aventura A Lanzada 2018”

Campamentos “Depo Aventura A Lanzada 2018”

A Deputación de Pontevedra oferta de 2.200 prazas nos campamentos de verán na seu Centro Vacacional  A Lanzada.

Dirixidos a nenos/as nados entre os anos 2005 e 2010 ( ambos incluídos) e residentes en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 8 de setembro de 2018 , repartidos en 11 quendas dunha semana de duración ( Ver bases ou folleto informativo))

Prezo : 100 € por quenda ( 80 € familias numerosas)

Prazo de solicitude aberto do 8 ao 27 de marzo de 2018

OBXECTIVOS

  1. Fomentar o contacto coa natureza
  2. Ensinar a desenvolverse nun medio non habitual
  3. Potenciar a motricidade e a maduración persoal
  4. Ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva
  5. Desenvolver a sociabilidade entre as e os menores
  6. Inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico
  7. Fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza
  8. Darlles a oportunidade de participar a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos

Para calquera aclaración ou dúbida contactar co  Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra 

 Tel. 986 804 100  – correo electrónico: cohesionsocialexuventude@depo.es