content top
Campamentos polideportivos da Deputación de Pontevedra

Campamentos polideportivos da Deputación de Pontevedra

Aberto o prazo de inscrición ata o 16 de marzo nos campamentos polideportivos de Príncipe Felipe, actividade que organiza a institución destinada a rapaces nados entre os anos 2006 e 2013, ambos incluídos.Este programa, conformado por seis quendas, repartidas entre o 6 de xullo ao 22 de agosto.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación.

O número de prazas ofertadas é de 50 por quenda e o seu prezo será de 125 euros por neno, habendo un desconto do 20% para familias numerosas con tres fillos e dun 30% para familias numerosas con máis de 3 fillos. As prazas adxudicaranse mediante un sorteo cuxa data e o resultado publicaranse na web www.depo.gal

Folleto Informativo: https://www.depo.gal/documents/1076146/9742412/descargable_campamentos_polideportivos+-+galego.pdf/6ab3c421-67c9-4dbf-b7be-e72829414f1c