Campos de Traballo 2018. Xunta de Galicia | BIM
content top
Campos de Traballo 2018. Xunta de Galicia

Campos de Traballo 2018. Xunta de Galicia

Campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

OFERTA 2018:

2º Convocatoria (consulta os prazos)

Se non consegues praza en 1ª convocatoria, estate pendente da 2ª convocatoria: ahi publicarase a oferta de repesca antes do 23 de maio para os campos de traballo no estranxeiro e 1 de xuño para os campos de traballo nas CCAA.

Os teléfonos para esta 2ª convocatoria son: 981 544 838 ou 981 957 115