content top

PontePoética: Festival Internacional de Poesía de Pontevedra...

PontePoética: Festival Internacional de Poesía de Pontevedra
Oitava edición do Festival Internacional de Poesía de Pontevedra  do 20 ao 22 de abril En tres escenarios diferentes: Teatro Principal, Casa da Luz e Pub “El Pequeño” na r/ Chariño Inclúe recitais poéticos e encontros con alumnos/as dos IES de Pontevedra Haberá recitais poéticos (en sete linguas, as cinco de Iberia máis occitano e islandés),encontros poéticos co alumnado dos IES Valle Inclán, Frei Sarmiento e Luís Seoane, obradoiros e o gran recital de clausura no que se oirá a voz dos poetas participantes nas súas linguas orixinais, coas traduccións proxectadas:  Miriam Ferradás, Keith Payne, Itxaro Borda, María Xosé Queizán, Dolors Miquel, Filipa Leal, Elías Portela, Aurelia Lassaque, Manuel Rivas e Juan Carlos Mestre. Programa PontePoética...

Obradoiro audiovisual “Pontevedra rodando 2018”...

Obradoiro audiovisual “Pontevedra rodando 2018”
O obradoiro é gratuito e  pretende achegar o proceso de rodaxe dunha peza audivisual a persoas sen experiencia Idades dos/as participantes: de 13 ata 99 anos Datas: os días 3, 9, 10, 14, 22, 24 , 25 e 26 de maio Inscrición gratuita  a través do correo electrónico : volvemosaprimeraproducciones@gmail.com ata o  30 de abril. No obradoiro os/as  participantes terán monitores  do sector audiovisual como o actor Santiago Romay ou o sonidista Pablo Viña. A temática das curtametraxes é libre, aínda que  deben ter en común a utilización da cidade de Pontevedra como escenario. As curtas da 1º edición o ano pasado as podes ver na canle de YouTube de ‘Volvemos a Primera’ Organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa produtora ‘Volvemos a Primeira’...

“Fai a túa curtametraxe”: obradoiro audiovisual amateur...

“Fai a túa curtametraxe”:  obradoiro audiovisual amateur
Este obradoiro  quere amosar as claves dunha rodaxe na que os/as participantes “xogan” a ser actores , actrices, realizadores/as , produtores/as , directores/as… Organiza:  Film Commission do Concello de Pontevedr. Coordina:  Pablo Cacheda Datas : os días 3 , 9, 10, 14, 22, 24 , 25 e 26 de maio Lugar: na Casa da Luz   – Pza da Verdura s/n (en sesións de dúas horas ou dúas horas e media) Se tes de 13 a 99 anos , podes inscribirte no correo volvemosaprimeraproducciones@gmail.com...

Galegote Rock 2018

Galegote Rock 2018
Concertos de música en galego , en aberto e gratuitos , polas rúas e prazas da zona histórica da cidade de Pontevedra Tamén participa a “Sala Karma” da cidade e os locais  “O Grifón” e “El Pequeño”. Datas: do 25 ao 28 de abril  www.facebook.com/GalegoteRock...

Buscas grupo para tocar? queres ensaiar?

Buscas grupo para tocar? queres ensaiar?
Buscas grupo ou sitio onde ensaiar? Tocas na casa e queres dar o paso de tocar con máis xente? Non sabes como atopar integrantes? Pois fala co staff do Local de Música de Pontevedra Teñen o panel do local cheo de xente que busca banda ou integrantes, porque non podes ser ti? www.localdemusicapontevedra.nos.gl...

Gimkana nocturna: ‘Rastrexo Ponte a Fuxir’...

Gimkana nocturna: ‘Rastrexo Ponte a Fuxir’
É unha gimkana nocturna coa temática de ” presidarios e policias” ,  que se desenvolverá pola cidade de Pontevedra e a parroquia de Salcedo. Data: sábado 21 de abril Constará  de 10 km.  dividos en 11 probas diferentes ,  por equipos e 2 categorias: Familiar ( equipos que teñan menores de 13 anos)  e Open ( equipos con maiores de 16 anos) Está organizada polo alumnado do  Ciclo Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TAFAD) do IES Sánchez Cantón  da cidade de Pontevedra. Inscrición aberta na web de ‘Ponte a...

Campamentos “Depo Aventura A Lanzada 2018”...

Campamentos “Depo Aventura A Lanzada 2018”
A Deputación de Pontevedra oferta de 2.200 prazas nos campamentos de verán na seu Centro Vacacional  A Lanzada. Dirixidos a nenos/as nados entre os anos 2005 e 2010 ( ambos incluídos) e residentes en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 8 de setembro de 2018 , repartidos en 11 quendas dunha semana de duración ( Ver bases ou folleto informativo)) Prezo : 100 € por quenda ( 80 € familias numerosas) Prazo de solicitude aberto do 8 ao 27 de marzo de 2018 Bases (BOPPO 06/03/2018) Folleto Informativo : Folleto infor. A Lanzada Formulario de  solicitude OBXECTIVOS Fomentar o contacto coa natureza Ensinar a desenvolverse nun medio non habitual Potenciar a motricidade e a maduración persoal Ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva Desenvolver a sociabilidade entre as e os menores Inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico Fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza Darlles a oportunidade de participar a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos Para calquera aclaración ou dúbida contactar co  Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra   Tel. 986 804 100  – correo electrónico:...

Actividades da Aula de natureza Siradella...

Actividades da Aula de natureza Siradella
A Aula da Siradella está situada no concello de O Grove  e ofrece todos os meses un calendario de actividades gratuitas para todas as idades. As actividades realizánse os sábados e domingos pola mañán. Son gratuitas pero debes inscribirte a través do  correo auladasiradella@gmail.com ou no tel. 986 680 284...

« Entradas antigas Entradas novas »