content top

Flop Cinema no Teatro Principal

Flop Cinema no Teatro Principal
O Free Live Orgullo Pontevedra regresa este ano e, entre a súa programación, non falta o cinema. Variada proposta da máis recente creación audiovisual LGTBIQ Do martes 29 de maio ao venres 1 de xuño ás 20:30 h. e o sábado 2 de xuño ás 20 h, poderedes gozar de estreas, cinefórum, debates e moito máis. Entrada libre e máis info...

Proxección webserie “Generación Wifi”...

Proxección webserie “Generación Wifi”
O xoves 24 de maio ás 21.30 horas nova sesión do proxecto “Sube ao Palco”no Quiosco da Alameda pontevedresa Proxectarase a  webserie “Generación Wifi”, creada na súa meirande parte por estudante da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Na súa producción conta coa colaboración de diversas entidades da cidade coma Down Pontevedra Xuntos, o Centro de Recursos Educativos da ONCR e a FilmComission Pontevedra, así coma actores, asociacións e establecementos de Pontevedra e outras localidades galegas. A webserie centra o seu contido na adicción ás novas teconoloxías e engade coma valor, a inclusión social das persoas con discapacidade no cine, co fin de visibilizar e fomentar a participación deste colectivo en produccións audiovisuais poñendo en valor as súas capacidades. Se o tempo non acompaña, trasladarase o evento ás instalacións da “Casa da Luz” na Praza da...

Ludantia: I Bienal de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade...

Ludantia: I Bienal de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade
Ludantia é unha Expo-Activa : un gran dispositivo de xogos a partir da arquitectura. As nenas e os nenos xogando son a exposición en sí, o xogo constrúe este espazo, que propicia e incorpora múltiples variantes, xerando autonomía, libertade e lugares de relación entre os seus xogadores. Como se de un gran xoguete se tratase, a Expo-Activa, trata de estimular a imaxinación dos visitantes, sen pretender dar un fin ao xogo, senón múltiples continuacións. Toda a info. sobre a exposición do 10 de maio ao 17 de xuño e as xornadas que terán lugar do 10 ao 12 de maio,...

Sube ao Palco: Jaime Van Bergen e Beatriz Sánchez Madruga...

Sube ao Palco: Jaime Van Bergen e Beatriz Sánchez Madruga
Jaime Van Bergen e Beatriz Sánchez Madruga desenvolverán unha Improvisación Sonora sobre formato audiovisual. Data:  o xoves 10 de maio Hora: ás 20.30 h. Lugar: Palco de Música da Alameda Xerar unha instancia de intercambio e creación no ámbito do sonoro e o visual de forma que cheguen a relacionarse poñendo en evidencia a capacidade da transformación das artes vivas é o obxectivo principal do proxecto presentado polos alumnos de Belas Artes, Jaime Van Bergen e Beatriz Sánchez Madruga dentro do programa Sube ao...

Programa do “Sube ao Palco”

Programa do “Sube ao Palco”
O Palco da Música da Alameda convertirase nos meses de maio e xuño no escenario do talento artístico da mocidade de Pontevedra coa programación do novo proxecto da Concellería de Xuventude, “Sube ao Palco”.  Visibilizar o talento artístico da mocidade de Pontevedra, así como recuperar o espazo do Palco da Alameda, aparcado durante anos da programación cultural da cidade, son os obxectivos principais desta iniciativa que ofrecerá 12 propostas Arranca este xoves, 3 de maio ás 20.30 h.  coa actuación musical de RoseMary: Marián Romero, estudante de Publicidade e Relacións Públicas no Campus de Pontevedra, é a artista que está detrás deste proxecto musical que mestura xéneros como o soul, o góspel ou o blues. Oxoves, 10 de maio,  Jaime Van Bergen e Beatriz Sánchez Madruga co seu proxecto “Proceso de Creación Creativa – Impro sonora sobre formato audiovisual”; onde as imaxes e os sons xerarán unha estructura circular que sumerxerá aos espectadores nun mar de secuencias proxectadas poñendo en evidenca a capacidade da transformación social nas artes vivas.  O xoves, 24 de maio será a quenda da webserie “Generación WIFI” e o xoves, 31 de maio da proxección das curtametraxes Van, Astal e Bágoas Negras. Ambas proxeccións se realizarán en dúas quendas a partir das 21.30 horas. Estarán presentes os membros dos proxectos audiovisuais que achegarán aos espectadores todos os detalles do desenvolvemento destas produccións. O mércores 6 de xuño subirá ao palco ás 20.30 h.  o grupo pontevedrés de hardrock  Particle. O xoves, 14 de junio ás 20.30 horas a performance teatral “Me hicieron la de Ubú Rey” de Miguel Tierra Rodríguez, na que se establecerá un diálogo indirecto no que se inclúen varias personaxes tratadas pola mesma persoa que se fai preguntas e se responde ao mesmo tempo. Estará acompañado no escenario por Daniel Gómez, que ofrecerá un concerto de música indie-folk. O xoves, 21 de xuño, subiránse ao palco a escola de artes Alquimia Arts cunha exposición de pintura dos traballos realizados polos seus alumnos. Estarán acompañados da banda “Elephant in the Room”, proxecto de tres alumnas do Campus de Pontevedra, que ofrecerán un concerto en acústico. A programación pecharase o xoves, 28 de xuño ás 20.30 horas coa obra de microteatro “Fase Lola” , unha reflexión sobre o amor e o papel da amizade na superación dunha crise...

Exposición Sala X-Power, Corruption & Lies. Luis San Sebastián...

Exposición Sala X-Power, Corruption & Lies. Luis San Sebastián
O proxecto Power, Corruption & Lies foi presentado de outubro a decembro de 2017 dentro da terceira edición do ciclo Estado Crítico que, organizado polo profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Xosé Manuel Buxán, está a desenvolverse na Sala Alterarte do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A súa presentación na Sala X é unha colaboración mais entre as dúas salas de exposicións da Universidade de Vigo. Para a súa exposición en Pontevedra Luis San Sebastian, ademáis das obras xa mostradas en Ourense, inclúe un video que afonda no proxecto que está a desarrollar, e fai unha adaptación dalgunha das pezas ás características do espazo da Sala X. Sala – X. Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra Facultade de Belas Artes.  r/ Maestranza, 2 – Pontevedra Exposición aberta ata o 17 de maio de 2018 Horario: luns a venres de 12 a 14 h. e de 18 a 20...

Venda Solidaria de Libros en língua extranxeira...

Venda Solidaria de Libros en língua extranxeira
Organiza: Asociación “Boa Vida Inclusión Social” e Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra Data: luns 23 de abril ( Día do Libro) Horario: de 16 a 20 h. Lugar: Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra Por dende 1 € a 4 € podes atopar diversos  libros de lectura e de traballo en  calquera língua.

PontePoética: Festival Internacional de Poesía de Pontevedra...

PontePoética: Festival Internacional de Poesía de Pontevedra
Oitava edición do Festival Internacional de Poesía de Pontevedra  do 20 ao 22 de abril En tres escenarios diferentes: Teatro Principal, Casa da Luz e Pub “El Pequeño” na r/ Chariño Inclúe recitais poéticos e encontros con alumnos/as dos IES de Pontevedra Haberá recitais poéticos (en sete linguas, as cinco de Iberia máis occitano e islandés),encontros poéticos co alumnado dos IES Valle Inclán, Frei Sarmiento e Luís Seoane, obradoiros e o gran recital de clausura no que se oirá a voz dos poetas participantes nas súas linguas orixinais, coas traduccións proxectadas:  Miriam Ferradás, Keith Payne, Itxaro Borda, María Xosé Queizán, Dolors Miquel, Filipa Leal, Elías Portela, Aurelia Lassaque, Manuel Rivas e Juan Carlos Mestre. Programa PontePoética...

« Entradas antigas