content top

Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda...

Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda
A Xunta de Galicia convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente Requisitos específicos: a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral. b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda. Requisitos comúns: a) A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España. b) Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda. c) Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere estos importes: d) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. ( IPREM mensual: 537,84 euros/mes). Este límite será de 4 veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade: – Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. – Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %. e) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. f) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O importe da axuda será do 50% da renda mensual. As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xullo de 2018. Máis información no DOG do 28 de xuño de 2018 e en...

Subvencións a asociacións xuvenís de ámbito estatal...

Subvencións a asociacións xuvenís de ámbito estatal
O Instituto da Mocidade convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2018. Beneficiarios: Entidades e organizacións de carácter non gobernamental que estean legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo de ámbito estatal como: a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís. b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros novos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís. c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus Estatutos. As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos: – Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos. En atención ás súas especiais circunstancias, poderán participar na presente convocatoria as entidades ou organizacións non gobernamentais cuxo ámbito territorial de actuación sexan Ceuta e Melilla. – Acreditar  documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas. Finalidade: Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de xullo de 2018. Máis información no BOE do 21 de xuño de 2018 e...

Axudas programa Iniciativa Xove

Axudas programa Iniciativa Xove
  O programa Iniciativa Xove consiste en axudas económicas de ata 5.000 €  para proxectos realizados do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2018. Convoca: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Xunta de Galicia Destinatarios/as: a) Os grupos informais de mozos/as de 18 a 30 anos ( mímo 5 e máximo 8 componentes) b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman. Prazo solicitudes aberto ata o 18 de xuño de 2018. Toda a info. en en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores:...

Programa Galeuropa 2018

Programa Galeuropa 2018
Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil. Axudas económicas  para que á mocidade galega faga prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos co obxectivo de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais. Solicitude aberta ata o 18 de xuño. Convocatoria 2018 Información específica axudas individuais á xuventude (Procedemento BS324A) Información específica á entidades sen ánimo de lucro (Procedementos...

Guía de estudos, bolsas e aloxamentos de Galicia...

Guía de estudos, bolsas e aloxamentos de Galicia
Que podes estudar o próximo curso? Onde te podes aloxar? Que axudas tes para estudar? A Direccion Xeral de Xuventude da Xunta ven de publicar información sobre aloxamentos, bolsas ou estudos dispoñibles en Galicia...

Bolsas de xerencia en entidades de Economía Social...

Bolsas de xerencia en entidades de Economía Social
Convova: EspazoCoop.Unión de Cooperativas Galegas Financia: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER; Consellería de Economía, Emprego e Industria – Xunta de Galicia; Ministerio de Emprego e Seguridade Social – Goberno de España. * Estas Bolsas de xerencia en Cooperativas están enmarcadas : No programa de actuación 2018 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Dirixida a persoas desempregadas con estudios finalizados na área empresarial. Convócanse 6 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora. Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta. As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo. Prazo de solicitude ata o  23 de abril de 2018. Localidades das Bolsas: – Vigo (Pontevedra) – Pontevedra (Pontevedra) – Allariz (Ourense) – Santiago de Compostela (A Coruña) – Oleiros (A Coruña) – Narón (A Coruña) Convocatoria de Bolsas: Aquí Tel. 981 57 55 78...

200 Bolsas Práctica Laboral. Deputación de Pontevedra...

200 Bolsas Práctica Laboral. Deputación de Pontevedra
Convocatoria de  200 bolsas de práctica laboral para os servizos da  Deputación e dos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Destinatarios/s:  persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional,  sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica. A finalidade das bolsas son as de promover e completar a formación dos bolseiros/as  para  facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral. Ver bases da convocatoria https://www.depo.gal/plan-de-practica-laboral-concellos-e-deputacion-2018/persoas-bolseiras Prazo de solicitudes aberto ata o 6 de maio Info. www.depo.gal Tel. 986 80 41...

Aberta inscrición Pontegal 2018 para grupos musicais e artistas...

Aberta inscrición Pontegal 2018 para grupos musicais e artistas
Ata o 1 de febreiro está aberto o prazo para que os grupos e artistas poidan solicitar a súa inclusión no Pontegal 2018. É un programa da  Deputación de Pontevedra para que os concellos  e as asociacións sen ánimo de lucro da provincia de Pntevedra , podan contratar actuacións de grupos e artistas inscritos en dito programa. Cada ano ábrese un prazo que abrangue desde principios de xaneiro e ata o 1 de febreiro para que os grupos e artistas poidan solicitar a inscrición, nun amplo abano de disciplinas que inclúe bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, agrupacións de música tradicional, compañías de teatro profesional ou afeccionado, conferenciantes, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas. Este programa é un dos máis solicitados por parte de concellos e asociacións para levar a cabo e/ou complementar as súas propostas culturais. Os grupos admitidos percibirán unha retribución fixa por parte da Deputación –o resto do caché debe asumilo o concello ou asociación que realiza a actividade– que queda estipulada na táboa de retribución incluída nas bases.  VER BASES DO PROGRAMA NA WWW.DEPO.ES  ...

« Entradas antigas