content top

Prácticas formativas en Italia e Bulgaria...

Prácticas formativas en Italia e Bulgaria
Prácticas formativas non remuneradas en entidades de acción social en Torino(Italia) e Sofía (Bulgaria) do 1 de setembro ao 30 de novembro de 2017 Dirixidas a mozxs de 18 e 30 anos  inscritos/as no Rexistro de Garantía Xuvenil que desexan  mellorar as súas competencias profesionais, persoais e lingüísticas. Infomación : Asociación FOGART Inscrición ata o 21 de agosto :  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfllU0L5zNvnX3GfKH6b8VWJ2gbH8PC7tbALp-V_fi2Izz43A/viewform ...

Galeuropa: Prácticas formativas en Italia, Chipre e Portugal...

Galeuropa: Prácticas formativas en Italia, Chipre e Portugal
O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos e máis concretamente en: Portugal (Lisboa), Chipre (Limassol) e Italia (Brescia). QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA? – Viaxe (gastos viaxe de ida e volta da persoa participante se gundo o país de destino). – Aloxamento e manutención (custos/mes/día para cada participante segundo o país de destino). – Apoio lingüístico. DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS 3 meses a partir do 1 de setembro (Setembro, Outubro e Novembro). 120h mensuais. QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL? A mocidade galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia. A inscrición no SNGX pode realizarse se cumpres os  seguintes requisitos: – Ter entre 18 e 29 anos (incluídos). – Non ter participado con anterioridade en ningún programa Galeuropa. – Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. – Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. – Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. INFORMACIÓN Nos correos electrónicos galeuropa@amigosdaterra.net ou info@amigosdaterra.net ou no teléfono: 988 374...

Subvencións a Asociacións Xuvenís de ámbito estatal...

Subvencións a Asociacións Xuvenís de ámbito estatal
Convoca : Instituto da Mocidade INJUVE Descrición: subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal. Prazo para presentar solicitudes ata o 10 de xullo de 2017 Máis información no BOE do 12 de xuño de 2017 e en http://www.injuve.es...

Galeuropa 2017, programa de prácticas formativas en europa...

Galeuropa 2017, programa de prácticas formativas en europa
Convoca :  Xunta de Galicia ( Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) Son axudas dirixidas a  mozxs de 18 a 30 anos para realizar prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos de mínimo 2 meses e máximo de tres É requisito estar inscrito/a no sistema de Garantia Xuvenil O prazo para presentar solicitudes ata o 15 de xuño de 2017 Máis información no DOG do 15 de maio de 2017 e en Programas...

Axudas a proxectos xuvenís, programa Iniciativa Xove...

Axudas a proxectos xuvenís, programa Iniciativa Xove
O programa Iniciativa Xove son axudas económicas de ata 5.000 € para proxectos xuvenís que se realizen antes do 15 de outubro de 2017 Quen pode solicitar as axudas? a) Os grupos informais de mozxs ( mínimo 5 e máximo 8 mozos/as de 18 e os 30 anos) que desexen realizar unha iniciativa xuvenil. b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman. Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove O prazo para presentar solicitudes aberto ata o 26 de maio de 2017. Información no DOG do 26 de abril de 2017 e en...

Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as axudas para desenvolver proxectos...

Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as  axudas para desenvolver proxectos
  Que é “Iniciativa Xove”? “Iniciativa Xove” é unha liña de axudas que cada ano convoca a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para que a mocidade galega desenvolva proxectos e iniciativas de interese durante o ano 2017 Quen pode solicitar as axudas? 1. Un grupo informal de mozos, é dicir, que non forman parte dunha asociación. Terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e empadroados nalgún dos municipios galegos. 2.As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que estean inscritas no censo oficial da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades. A axuda por proxecto  pode acadar os 5.000 €. Os proxectos presentados irán dirixidos á mocidade galega (principalmente dirixidas a mozos/as de 12 a 35 anos) e teñen que desenvolverse antes de finais do ano 2017 Explicarase aos asistentes  en qué consiste a linea de axudas “Iniciativa Xove” e que tipo de proxectos podes presentar para acadalas Inscrición previa:  Envia un correo  co teu nome completo e teléfono de contacto a: iria.erguia@rgdinamizacion.es tel. 669 303 742 DATA CHARLA :  mércores 29 de marzo HORARIO: de 19 h. a 21 h.  LUGAR: edificio municipal “Casa Azul”,  r/ Sor Lucia 2 . Pontevedra...

Bolsas de prácticas laborais para a Deputación e Concellos de Pontevedra 2017...

Bolsas de prácticas laborais para a Deputación e Concellos de Pontevedra 2017
Convoca : Deputación de Pontevedra Son  200 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria ou ciclos formativos superiores de formación profesional e sen experiencia laboral na súa titulación. A dotación económica das bolsas é de 800 euros e 700 euros respectivamente. Información e formulario en http://ow.ly/a2MP309SSzS Aberto prazo solicitude ata o sábado 1 abril 2017 Consulta as bases Anuncio BOP Informa BOP do 13 de marzo de...

Bolsas para aprender chino mandarín en China...

Bolsas para aprender chino mandarín en China
O Programa Fundación ICO concede 25 bolsas cunha duración de 10 meses para o estudo do chinés mandarín nunha universidade chinesa: na Universidade de Pequín (www.pku.edu.cn), na University of International Business and Economics (www.uibe.edu.cn) ou na Normal Beijing University (www.bnu.edu.cn) Requisitos: Ser españois ou residentes en España. Nacer con posterioridade a 1977. Estar en posesión dun título superior. Posuír un alto nivel de inglés. Ter coñecementos previos de chinés mandarín. Gozar dunha mínima experiencia profesional. Dotación: Matrícula do curso Gastos de aloxamento en residencia universitaria ou noutros aloxamentos. Dotación de ata 1.600 euros, como axuda para o traslado desde España. Seguro médico de cobertura internacional. Achega anual de 4.600 euros para gastos persoais O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2017. Máis información:...

« Entradas antigas Entradas novas »