content top

Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo...

Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo
O concello de Arteixo convoca o XVI Certame de Fotografía Ambiental. O obxecto do certame será a realización de fotografías que promovan a reciclaxe e unha xestión responsable dos residuos no Concello de Arteixo. Poderán participar no certame todas aquelas persoas que o desexen, podendo presentar dúas fotografías por concursante, como máximo. As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun tamaño mínimo de 20×25 cm. e máximo de 30×40 cm. e irán centradas e montadas sobre unha cartolina de 40×50 cm. branca ou negra. Queda a libre elección dos participantes o tipo de técnica a empregar (analóxica ou dixital) e a modalidade branco e negro ou cor. Así mesmo, deberase achegar unha copia nun CD, en formato JPEG, PNG ou TIFF, da fotografía cunha resolución mínima de 200 ppp e tamaño mínimo 800×600 px. Se algunha das fotografías presentadas recollera primeiros planos, deberase, con carácter xustificativo, presentar unha fotografía dixital anexa (JPEG, PNG ou TIFF), cunha vista o suficientemente ampla onde se recolla o primeiro plano e no que se constate que foi tomada no Concello de Arteixo. Premios: 1º Premio Xeral: 500,00 € 2º Premio Xeral: 400,00 € 3º Premio Xeral: 300,00 € Premio ao Millor Fotógrafo Local: 300 € (persoas empadroadas sen límite de idade) Premios ao Millor Fotógrafo Local Xoven: 300 € (persoas empadroadas menores de 16 anos) O prazo para participar está aberto ata o 22 de xuño de 2018. O enderezo de recepción é o seguinte: “XVI Certame de Fotografía Ambiental” Departamento de Medio Ambiente. Travesía de Arteixo, 243 – 1º 15142 Arteixo ( A Coruña) Máis info. no BOP da Coruña do 9 de abril de 2018 e na OMIX do Concello de Arteixo, tel. 981 602...

PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO...

PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO
“Sube ao Palco” é un proxecto para dar visibilidade ao talento á vez que se recupera o uso don espazo aparcado durante anos: o Palco da Música. Música, teatro, danza, artes plásticas, audiovisuais, poesía, performance, moda, … Quen queira poñer a proba o seu proxecto poderá solicitar a súa participación que, para obter máis visibilidade e dispoñer de medios técnicos, será incluida dentro da programación. Seguimos a crer con forza na efervescencia creativa da nosa cidade, sabemos que é un gran valor que nos identifica e queremos que todas e todos teñades a posibilidade de gozar dela. Se tes entre 12 e 35 anos e un proxecto creativo, podes participar inscribindo o teu proxecto dende o luns 12 de marzo ata o venres 13 de abril de 2018. Non o deixes para o último día e preséntate para que a cidade poida gozar da túa arte! pontevedra.gal/sube-ao-palco/  ...

II Edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2018...

II Edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2018
Os Premios Provinciais á Xuventude é unha iniciativa para poñer en valor e promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. Os premios están dirixidos  á mocidade de 16 a 35 anos de idade,  empadroada en calquera dos concellos da Provincia de Pontevedra. Son sete modalidades: –          Iniciativa social –          Iniciativa empresarial –          Blogs –          Educación en valores –          Traballo musical –          Traballo literario (prosa e poesía) –          Fotografía Orixinal Os premios están dotados cun total de 22.000 € Prazo presentación solicitudes do 6 de marzo ao 6 de maio de 2018 Ver Bases : BASES II EDICIÓN PREMIOS PROVINCIAIS XUVENTUDE Info na web www.depo.gal ou no Servizo de Cohesión social e Xuventude da Deputación de Pontevedra tel. 986 804 100 cohesionsocialexuventude@depo.es....

Concurso elaboración cartel do certame “Xuventude Crea 2018”...

Concurso elaboración cartel do certame “Xuventude Crea 2018”
Convoca: Xunta de Galicia Participantes : persoas de 18 a 30 anos e residentes en Galicia. Tema: o tema e a técnica serán libres. Premio: 500 € Prazo : aberto ata o 28 febreiro de 2018 As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2018” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, skate, teatro e videocreación. Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo. Información : www.xuventude.net correo: xuventudecrea.cps@xunta.gal tel. 981 541 689 e 981 545 702....

Certame Xuventude Crea 2017

Certame Xuventude Crea 2017
   A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude,  convoca o certame” Xuventude Crea” nas especialidades de: Teatro Artes plásticas (pintura e escultura), Fotografía Música Relato breve Poesía Videocreación Banda deseñada Graffiti Deseño de xoias Moda Cociña. Poden participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2017. Premios por cada unha das especialidades: – Un primeiro premio de 3.000 €. – Un segundo premio de 1.500 €. – Un terceiro premio de 1.000 €. Presentación de solicitudes  ata o 31 de agosto de 2017  Infórmate e Consulta as bases do certame na...

Festival 15 Bolos na praza do Teucro

Festival 15 Bolos na praza do Teucro
Como cada ano, o 15 Bolos pretende visibilizar a escena musical pontevedresa dun xeito lúdico e divertido, a través dunha escolla previa realizada por un xurado vinculado ao Local de Música da cidade. Os 15 Bolos serán o martes, 18 de xullo e mércores, 19 de xullo, seguindo este horario e orde de actuación: Martes 18 de xullo. A partir das 18.00 horas Anodhor Millo Loco Stock Los Puta Mierda Chirri Bomb Miguel Alberte Mércores 19 de xullo. A partir das 17.00 horas Onion Smile Nasty Loopers Australia Black Dog Nagai Bohr The...

15 bolos 2017: festival de bandas emerxentes de Pontevedra...

15 bolos 2017: festival de bandas emerxentes de Pontevedra
Queres tocar no Festival de bandas emerxentes de Pontevedra? Telonear unha banda nos concertos da Peregrina? A Concellería de Xuventude xunto coa de Cultura e Festas quere contar convosco para completar a programación do verán na rúa Os grupos mostrarán o seu traballo nas prazas de Pontevedra… Que mellor escenario para chegar á xente que as prazas no verán? 1 grupo teloneará un concerto dun grupo que encherán a praza do Concello. Inscrición  aberta ata o  19 de maio   Envia formulario on line que atoparás na web do Local de Música www.localdemusicapontevedra.nos.gl BASES_15bolos_2017...

I Premios Provinciais á Xuventude

I Premios Provinciais á Xuventude
A  O  Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra  , pon en marcha a primeira convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude, co ánimo de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia. As modalidades son: Iniciativa social, Iniciativa empresarial, Blogs, Educación en valores, Traballo musical, Traballo literario breve e Fotografía orixinal. Premios de 3.000 € por cada modalidade. Dirixidos a mozxs de 16 a 35 anos empadroados na provincia de Pontevedra. Prazo de entrega ata o 5 de xuño de 2017 Consulta as bases http://ow.ly/YDrQ30avetk Informa: Deputación de Pontevedra 986 80 41 00 correo: cohesionsocialexuventude@depo.es...

« Entradas antigas