content top

I Premios Provinciais á Xuventude

I Premios Provinciais á Xuventude
A  O  Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra  , pon en marcha a primeira convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude, co ánimo de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia. As modalidades son: Iniciativa social, Iniciativa empresarial, Blogs, Educación en valores, Traballo musical, Traballo literario breve e Fotografía orixinal. Premios de 3.000 € por cada modalidade. Dirixidos a mozxs de 16 a 35 anos empadroados na provincia de Pontevedra. Prazo de entrega ata o 5 de xuño de 2017 Consulta as bases http://ow.ly/YDrQ30avetk Informa: Deputación de Pontevedra 986 80 41 00 correo: cohesionsocialexuventude@depo.es...

Concurso de Graffitis

Concurso de Graffitis
O Concurso de Graffitis “2017: A violencia de xénero entre adolescentes” Dirixido aos alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios dos centros educativos de Galicia. Pretende que os e as participantes reflexionen e cren mensaxes claros de freo ós problemas derivados da violencia de xénero entre adolescentes. Os dous  bocetos gañadores  plasmarán os seus  grafitis en muros cedidos polo concellos das cidades de Pontevedra e Vigo , coa colaboración e supervisión dun grafiteiro/a de renome en Galicia. O prazo de presentación dos traballos  aberto do 1 de abril ata o 20 de maio de 2017. Celebrarase un acto final cos gañadores na cidade de Vigo e Pontevedra antes do 20 de xuño de 2017   BASES DO CONCURSO FICHA DE INSCRICIÓN...

Final concurso de bandas emerxentes “Fest 2017”...

Final concurso de bandas emerxentes “Fest 2017”
Data: sábado 11 marzo Hora: de 18 a 21 h. Teatro Principal de Pontevedra ( entrada libre) As formacións musicais que participan son : Frank?, BOHR, Miguel Alberte, Onion Smile, AnodhoR, Los Puta Mierda, STOCK  e  Particle. Cada banda dispón de quince minutos para actuar e ser valorados por un xurado composto de profesionais e músicos pontevedreses.  Hai  dous premios :  1 º premio é a  gravación dun videoclip orzado en 1.000 € ( Premio do xurado) 2º  premio é actuación remunerada na festa final do programa  “Noites Abertas”  o sábado 29 de abril na praza de Curros Enríquez ( Premio do público) Durante o reconto de votos do público,  proxectarase o videoclip gañador do ano pasado de Alex Marban realizado por Producións Mutantes Tamén actuará o Coro “Vía Sete” do Local de Música de...

Aberta inscrición para “Artistas na Rúa 2017”...

Aberta inscrición para “Artistas na Rúa 2017”
  Nesta edición de “Artistas na Rúa” , serán sete os autores que amosarán  o seu proceso creativo , o sábado 29 de abril , de 16.30 a 20.30 h. na praza da Ferraría de Pontevedra O proceso de inscrición xa está aberto e  remata o 24 de marzo. Inscríbete a través do correo electrónico mrxestioncultural@gmail.com Os proxectos escollidos (que han de ser visuais) contarán cun contrato durante as catro horas de traballo creativo por 162 € e unha achega de 50 € para material. Artistas na Rua é un programa no que colaboran o Concello de Pontevedra ,  a facultade de Belas Artes da Uvigo e a empresa MR Xestión...

Concurso do Local de Música, FEST 2017

Concurso do Local de Música,  FEST 2017
O Local de Música do Concello de Pontevedra organiza o concurso FEST para promover a escena musical emerxente. Busca poñer en valor a creación musical de base organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal. EN QUE CONSISTE O CONCURSO O concurso consiste nun concerto que se celebrará o sábado 11 de marzo de 2017 no Teatro Principal de Pontevedra. Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo. Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunhaprodutora audiovisual. O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade. O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado. PARTICIPACIÓN. Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades entre os 16 e 35 anos que non teñan, no momento da inscrición, ningunha publicación cun selo discográfico. INSCRICIÓN Do 1 de febreiro ao 28 de febreiro de 2017 ás 22 h. BASES Formulario de inscrición...

V Certame de Relato Curto

V Certame de Relato Curto
Fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as e crear un espazo común e familiar para a creación literaria. Son os obxectivos que hai detrás da convocatoria do V Certame de Relato Curto que promove a FANPA-Pontevedra e no que colabora o Concello e a Deputación de Pontevedra  xunto a editorial Kalandraka. O prazo para a entrega de relatos rematará o próximo 28 de febreiro. Poden presentarse os alumnos e alumnas dos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra Hai catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacherelato/Formación Profesional e Adultos. Díptico e Bases do...

Concurso de fotografía “Xurxo Lobato”...

Concurso de fotografía “Xurxo Lobato”
Concurso dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia cun límite de idade de 21 anos Convoca: Asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña  Características técnicas: • O tema é libre. • As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor. • Máximo de 3 fotografías por participante • As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico. • Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2017. • Non poderán levar marcas de auga. As fotografías deben enviarse por correo electrónico a: fotomonelos@gmail.com cos datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso. – MANDAR OS DATOS POLO SEGUINTE FORMULARIO https://goo.gl/forms/xFjNZxAuV9qpPBKp2 5. PREMIOS 1º premio: diploma e 250 € 2º premio: diploma e 150 € 3º premio: diploma e 100 € • O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios. • Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato. 6. EXPOSICIÓN A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións,...

Queres participar na 13ª edición do Play-Doc ?...

Queres participar na 13ª edición do Play-Doc ?
Play-Doc é un Festival Internacional de Documentais que se desenvolve cada ano en Tui É un festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. Cada ano, Play-Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cinema de non ficción a unha audiencia aberta, heteroxénea e numerosa. A convocatoria para participar na 13ª edición de Play-Doc, que terá lugar en Tui do 22 ao 26 de marzo de 2017, permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro de 2017. Todos os filmes inscritos a preselección non deberán ter sido estrenadas antes de xaneiro de 2016. Todos os filmes inscritos a preselección serán considerados tanto para as categorías a competición como para as non competitivas. Será a dirección artística do festival a que realice a selección avaliando cada filme en base á súa calidade e creatividade. As películas seleccionadas a competición optarán a un premio en metálico. A inscrición deberá facerse online a través da páxina web www.play-doc.com  ...

« Entradas antigas Entradas novas »