content top

Bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional...

Bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), abre  convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional para tratar de que todos os mozos/as  que participan na Campaña de Verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades. É unha bolsa de traballo para Monitores/as de Tempo Libre  con formación especializada ou con experiencia acreditada na diversidade fincional. As persoas interesadas deberán enviar a información relativa á súa formación e/ou experiencia a través deste formulario. A DXXPV comunicará os datos facilitados á empresa ou empresas que resulten adxudicatarias do servizo de monitorado de apoio das persoas con discapacidade nos campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, coa finalidade de seleccionar os equipos de apoio nos distintos campamentos. A comunicación de datos procurará información sobre monitorado coa formación e experiencia necesaria para tratar de garantir a participación plena das persoas con discapacidade nos distintos campamentos, pero non implica compromiso de contratación por parte da empresa adxudicataria. A presentación do formulario leva implícita a autorización para trasladar os datos consignados no formulario á empresa adxudicataria do servizo de monitorado de apoio. Podes aclarar  calquera dúbida no...

200 Bolsas Práctica Laboral. Deputación de Pontevedra...

200 Bolsas Práctica Laboral. Deputación de Pontevedra
Convocatoria de  200 bolsas de práctica laboral para os servizos da  Deputación e dos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Destinatarios/s:  persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional,  sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica. A finalidade das bolsas son as de promover e completar a formación dos bolseiros/as  para  facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral. Ver bases da convocatoria https://www.depo.gal/plan-de-practica-laboral-concellos-e-deputacion-2018/persoas-bolseiras Prazo de solicitudes aberto ata o 6 de maio Info. www.depo.gal Tel. 986 80 41...

I Foro de Emprendedores de Pontevedra

I Foro de Emprendedores de Pontevedra
  PontEmprende nace como un proxecto conectado 100% coas necesidades reais de autónomos e PEMES no mercado actual. Un espazo de encontro entre os futuros emprendedores e todos os axentes presentes ó longo do proceso de emprendemento, co fin de dar unha base firme de coñecemento coa que asegurar os proxectos en xerme.  Os relatores de PontEmprende veñen de áreas tan diversas como as finanzas, o márketing, a asesoría de empresas ou a formación, tocando todos os puntos de interese para o futuro emprendedor, co fin de achandarlle o camiño e facer do seu proxecto unha realidade viable a longo prazo. Sábado 3 febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra Información e inscrición na...

Aberta inscrición Pontegal 2018 para grupos musicais e artistas...

Aberta inscrición Pontegal 2018 para grupos musicais e artistas
Ata o 1 de febreiro está aberto o prazo para que os grupos e artistas poidan solicitar a súa inclusión no Pontegal 2018. É un programa da  Deputación de Pontevedra para que os concellos  e as asociacións sen ánimo de lucro da provincia de Pntevedra , podan contratar actuacións de grupos e artistas inscritos en dito programa. Cada ano ábrese un prazo que abrangue desde principios de xaneiro e ata o 1 de febreiro para que os grupos e artistas poidan solicitar a inscrición, nun amplo abano de disciplinas que inclúe bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, agrupacións de música tradicional, compañías de teatro profesional ou afeccionado, conferenciantes, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas. Este programa é un dos máis solicitados por parte de concellos e asociacións para levar a cabo e/ou complementar as súas propostas culturais. Os grupos admitidos percibirán unha retribución fixa por parte da Deputación –o resto do caché debe asumilo o concello ou asociación que realiza a actividade– que queda estipulada na táboa de retribución incluída nas bases.  VER BASES DO PROGRAMA NA WWW.DEPO.ES  ...

Programas fomento do emprego “DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017”...

Programas fomento do emprego “DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017”
    Os programas de fomento do emprendemento da Deputación de Pontevedra “DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017” chegan entre o mércores 17 e o venres 19 de xaneiro a un total de seis concellos da provincia de Pontevedra (Cangas, Ponteareas, O Porriño, Barro, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa) con xornadas de presentación destes proxectos. As persoas interesadas deberán inscribirse a través dos formularios dispoñibles na páxina web da institución provincial www.depo.es O enlace á  Folla de inscrición  para que as persoas interesadas reserven praza cuanto antes no  módulo de formación máis cercano ao seu  lugar de residencia : Cangas, Ponteareas, O Porriño, Barro, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. De cada unha destas xornadas sairán 15 das persoas que participarán en cada un destes programas ata chegar ao total de 120 prazas para “DepoEmprende 2017” (dirixido a todas as persoas desempregadas, con prioridade a distintos colectivos) e 135 para “DepoEmprende II” (menores de 30 anos). Os dous  programas teñen por obxetivo formar na  xestión dunha microempresa ou  dun pequeno negocio e  posteriormente mentorizalos/as persoalmente para poder chegar a facer real un plan de negocio Informa: Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local Edificio Administrativo Avda. Montero Ríos s/n , Pontevedra. Tlf: +34 986 804 100 Correo : promociondoemprego@depo.es...

Encontro Networking da Economía Social

Encontro Networking da Economía Social
Un espazo para o coñecemento mutuo das entidades e empresas da Economía Social e Solidaria da comarca de Pontevedra para compartir contidos e proxectos que poidan contribuír á mellora da xestión societaria e empresarial; financiamento; comercialización; organización; etc., e  coñecer experiencias e solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación. Promove, organiza e dinamiza : Unión de Cooperativas Espazocoop Data: xoves 21 Setembro 2017 Horario: 9:30 s  11:30 h. Lugar: Casa das Campás, Rúa Don Filiberto 9-11 . Pontevedra Destinatarias : entidades e empresas da economía social Nº participantes : Máximo 20 Información: Encontro networking Economía Social Pontevedra Inscrición: fai click...

Obradoiro gratuito para emprendedores/as

Obradoiro gratuito para emprendedores/as
   Workshop para desenvolver a túa idea de negocio. Organiza   APROA, Asociación Promoción Autoemprego e Emprego de Pontevedra. Datas : 26 ao 30 de xuño Horario:  18:30-20:30 h. Localidade: Pontevedra Gratuito previa inscrición en asociacionaproapontevedra@gmail.com tel. 986 868 660    ...

Persoal venda campaña sorteo Cruz Vermella...

Persoal venda campaña sorteo Cruz Vermella
Cotrato de 20 ou 40 horas semanais para a venda do sorteo da Cruz Vemella Remuneración fixa máis comisións Contacto : tel. 986 85 21 15 correo :...

« Entradas antigas