content top

Trocalibros 2018-2019 : plataforma de intercambio de libros de texto...

Trocalibros  2018-2019 : plataforma de intercambio de libros de texto
  O Concello de Pontevedra, a través das Concellarías de Benestar Social, Educación e Novas Tecnoloxías, pon en marcha unha páxina web de intercambio de libros de texto. Esta iniciativa xurde do grande éxito que tivo o Banco de Libros Municipal en cursos pasados e que se deixou de realizar debido á implantación do sistema de préstamo por parte da Xunta. Este sistema de préstamo enche a demanda dunha parte da poboación pero, hai familias que non cumpren os requisitos esixidos e que están en disposición de poder intercambiar os libros. Por todo elo crease esta plataforma http://trocalibros.pontevedra.gal/, na que as familias cuxos fillos e fillas estudan en centros educativos da nosa cidade se poidan poñer en contacto para intercambiar os libros. O seu manexo é sinxelo. As familias deben facerse usuarios/as da plataforma e logo encher no sistema os libros que ofrecen e os libros que solicitan. Se eses libros foron ofrecidos por algunha familia o sistema lle facilita os datos de contacto. Non se pode garantir que estean dispoñibles os libros que se solicitan. O éxito do sistema depende da achega das familias. Cantas máis familias e cantos máis libros se ofrezan máis opcións haberá para todas elas. Hai unha serie de requisitos: 1.- Os escolares deben estar cursando estudos en centros educativos da cidade. 2.- O intercambio abrangue os cursos dende 3º de primaria e ata 2º de bacharelato. 3.- Os libros deben estar en bo estado. 4.- Non se pode pedir ningunha cantidade económica polos libros, o intercambio é de balde. Como é o primeiro ano que se fai, e é unha experiencia bastante novidosa en todo o estado, pedimos que todos os aspectos que se consideren que se poidan mellorar de cara aos próximos cursos o fagan saber ao e-mail do contacto da...

Estudo “Escolas Deportivas Municipais: retos para garantir a igualdade”...

Estudo “Escolas Deportivas Municipais: retos para garantir a igualdade”
Publicado polo Concello de Pontevedra e elaborado para analizar a práctica deportiva de nenas e nenos entre 4 e 14 anos para abordar por que existen disciplinas masculinizadas e outras feminizadas e por que o abandono das nenas é máis frecuente. O estudo parteu dunha comisión de traballo na que estiveron presentes os concelleiros de Xuventude e Deportes, o persoal técnico de ambos departamentos, xunto a Anxo Gómez profesor de Educación Física do Instituto Sánchez Cantón; Carme Reboredo, membro da Comisión de Igualdade de Noites Abertas; Iria Vázquez, profesora de socioloxía da Universidade de Vigo e a tríatleta Alba Cuba. Informe Igualdade de Escolas Deportivas...

Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño...

Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño
Estadías en pensión completa de 10 días de duración nos meses de verán,  nas Residencias de Tempo Libre das localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense). Convoca:  Consellería de Política Social. Xunta de Galicia Persoas destinatarias Persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian acompañados/as dos seus proxenitores/as ou titores/as legais, e que teñan a súa residencia en territorio español ( poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior) Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores. Distribución das prazas A distribución das prazas será compartida nun 50 % entre a Consellería de Política Social e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas derradeiras eleccións sindicais. Tipos de servizo O servizo de residencia consistirá no aloxamento e na mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias. Poderán gozar do servizo de comedor os e as familiares e persoas con relación de amizade cos ou coas residentes, que veñan visitar a instalación, segundo as normas para a provisión de prazas que determine a persoa que exerza a dirección de cada residencia, e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS419A O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2018. Máis información no DOG do 23 de abril de 2018 Prezos:...

Guía de estudos, bolsas e aloxamentos de Galicia...

Guía de estudos, bolsas e aloxamentos de Galicia
Que podes estudar o próximo curso? Onde te podes aloxar? Que axudas tes para estudar? A Direccion Xeral de Xuventude da Xunta ven de publicar información sobre aloxamentos, bolsas ou estudos dispoñibles en Galicia...

Buscas grupo para tocar? queres ensaiar?

Buscas grupo para tocar? queres ensaiar?
Buscas grupo ou sitio onde ensaiar? Tocas na casa e queres dar o paso de tocar con máis xente? Non sabes como atopar integrantes? Pois fala co staff do Local de Música de Pontevedra Teñen o panel do local cheo de xente que busca banda ou integrantes, porque non podes ser ti? www.localdemusicapontevedra.nos.gl...

Stock Pontevedra – Feira de Oportunidades...

Stock Pontevedra – Feira de Oportunidades
A 15ª edición de STOCK PONTEVEDRA, contará con preto de 70 empresas expositoras do sector téxtil – moda home, muller, intima, infantil –  peletería, complementos, calzado, decoración, antigüidades, deportes, fogar, óptica, etc. Contará con servizo de gardería gratuíto e tamén servizo cafetería. O prezo da entrada será de 1,50 € ( importe que axuda a completar o financiamento da feira) Datas: do 2 ao 4 de febreiro de 2018 Horario: horario continuo de 11 a 21 h. Lugar: Recinto Feiral de Pontevedra  ...

Liña gratuita de axuda ” Internet segura for Kids”...

Liña gratuita de axuda ” Internet segura for Kids”
A liña de axuda ” Internet segura for Kids” proporciona asistencia gratuita e confidencial a nenos/as e adolescentes, pais, educadores e profesionais do ámbito do menor sobre calquera consulta relacionada con Internet e os seus riscos:  conflictos sobre a privacidade e a reputación, uso excesivo, contidos e contactos inapropiados, comunidades perigosas, etc… tamén en  cuestións de protección de dispositivos, virus ou fraudes entre outros temas da internet Teléfono gratuito e confidencial: 900 116 117 Horario de atención: de luns a venres de 10:00 a 20:00 h. e  sábados de 10:00 a 14:00 h. www.is4k.es/ayuda Vídeos relacionados:...

Apertura convocatoria presentación proxectos Noites Abertas 2018...

Apertura convocatoria presentación proxectos Noites Abertas 2018
O programa Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra abre a convocatoria para a presentación de proxectos-propostas de actividades para a súa XIX edición que terá lugar de xaneiro a maio de 2018. CONVOCATORIA PRESENTACIÓN DE PROXECTOS-PROPOSTAS: do 13 de outubro ao 7 de novembro de 2017 (inclusive) COMO? a través do formulario web que atoparedes en www.noitesabertas.gal Con esta metodoloxía de traballo o que se pretende é que os propios mozos e mozas sexan protagonistas do seu ocio, dándolles a posibilidade de participar activamente no deseño de actividades e así poder compartir con xente da súa idade, intereses e afeccións diversas, tan diversas como é a xuventude. As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos… sempre respondendo aos fins que persegue Noites Abertas. O ano pasado recibíronse 178 propostas das cales se seleccionaron 89 proxectos. Para facilitar información sobre esta convocatoria, a Coordinación de Noites Abertas convoca diferentes reunións: Institutos públicos da nosa cidade: xuntanzas concertadas co alumnado maior de 16 anos do 16 ao 27 de outubro. Reunión pública informativa dirixida a asociacións, colectivos informais, grupos xuvenís e mocidade interesada en participar na elaboración de proxectos-proposta de actividades, o luns 16 de outubro ás 19h. no salón de actos do Pazo da Cultura. Universidade de Vigo: xuntanza co alumnado do campus de Pontevedra na Escola de Enxeñaría Forestal o xoves 26 de outubro ás 13h. Posteriormente, no mes de novembro terá lugar a fase de selección das propostas tendo en conta os criterios de selección do programa, así como a avaliación das edicións anteriores. Deste xeito configurarase o calendario definitivo de actividades para 2018 que se presentará publicamente no mes de xaneiro. A Coordinación de Noites Abertas ofrece ASESORAMENTO para consultas e apoio na elaboración de propostas  a través do mail: noitesabertas@pontevedra.gal Tamén pode concertarse entrevista noutros horarios. MÁIS INFORMACIÓN: Programa Noites Abertas – Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra Casa da Luz, praza da Verdura s/n , 36002 Pontevedra 986 840367 noitesabertas@pontevedra.gal     Horario: de luns a venres de 9,30 a 14h.(do 16 ao 27 de outubro este horario verase modificado debido ás charlas informativas polo que recomendamos enviar un mail ou chamar previamente para concertar cita para orientacións na elaboración de...

« Entradas antigas