Publicado o Dec 14, 2016 en
Outras novas
Organiza: Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia O proxecto terá lugar na cidade de Londres (Reino Unido), no que 40 mozos e mozas de España e Reino Unido terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil bilateral, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: grupos de traballo, foros de discusión, encontros con asociacións culturais e con representantes de entidades locais, entre outras. Datas de realización do intercambio: do 12 ao 21 de febreiro de 2017. Destinatarios: 20 mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos (este requisito deberá cumprirse o día de inicio do intercambio) motivados/as a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados/as en establecer unha empresa, ser empresarios individuais autónomos ou estean en búsqueda de emprego e con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe. Prazo de inscrición: do 14 ao 25 de decembro de 2016. Cota de participación FEE: 100 € (serán pagados á organización de acollida mediante transferencia bancaria no momento de recibir a comunicación da selección). Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome da organización Renegade Talent (facilitaranse os datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe. Observación: a organización de acollida realizará o reembolso en libras esterlinas, con independencia da moeda indicada no billete e na factura. Inscrición: Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude. Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre que se xustifiquen por escrito na solicitude o interese e motivación na temática e os coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe, e ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, no que se indicará ademais os datos de facturación da organización de acollida para os efectos de emisión da factura por viaxe e ingreso de cota de participación. De non...