content top

PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO...

PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO
“Sube ao Palco” é un proxecto para dar visibilidade ao talento á vez que se recupera o uso don espazo aparcado durante anos: o Palco da Música. Música, teatro, danza, artes plásticas, audiovisuais, poesía, performance, moda, … Quen queira poñer a proba o seu proxecto poderá solicitar a súa participación que, para obter máis visibilidade e dispoñer de medios técnicos, será incluida dentro da programación. Seguimos a crer con forza na efervescencia creativa da nosa cidade, sabemos que é un gran valor que nos identifica e queremos que todas e todos teñades a posibilidade de gozar dela. Se tes entre 12 e 35 anos e un proxecto creativo, podes participar inscribindo o teu proxecto dende o luns 12 de marzo ata o venres 13 de abril de 2018. Non o deixes para o último día e preséntate para que a cidade poida gozar da túa arte! pontevedra.gal/sube-ao-palco/  ...

CAMPAÑA POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO

CAMPAÑA POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO
Acto público en Pontevedra con motivo da celebración do día internacional de loita contra a pobreza: ·Fotocall e mural informativo. ¿que tipo de pobreza coñeces? ·Enquisa. ¿a pobreza económica é a unica que empobreze a vida?. ·Lectura de manifesto Lugar: Praza de abastos de Pontevedra Data: Sábado 17 de outubro, ás...

Ligas Galegas de Waterpolo

Ligas Galegas de Waterpolo
A próxima fin de semana do 17 e 18 de outubro o Club Waterpolo Galaico Pontevedra tendrá unha dobre xornada de Ligas Galegas de Waterpolo frente á Asociación Coruñesa de Waterpolo O sábado ambos clubes enfrentaranse na piscina do CGTD de Pontevedra nas ligas infantil, cadete feminina e alevín. O domingo os pontevedreses desplazaranse ao INEF da Coruña para xogar en ligas cadete e absoluta de 2ª división. Datas e lugares: Sábado 17 de outubro a partires das 16.45h no CGTD de Pontevedra (Rúa Padre Fernando Olmedo, 1) Domingo 18 de outubro, a partires das 10h no INEF da Coruña (Avd. Che Guevara 121, Bastiagueiro,...

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra...

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra
Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra:  SERVIZOS: tanto de xeito presencial como no noso web  www.xuventude.pontevedra.eu: – Información sobre oferta formativa, lúdica e de emprego. – Se necesitas apoio na elaboración do teu currículum ou orientación laboral, podemos axudarte. – Podes facer aquí o Carné Xove. – Reparto gratuito de preservativos. – Infórmate e participa dos nosos programas xuvenís: Noites Abertas, Ponteverán, Local de Música, Pisando Forte (formación para o emprego), Voluntariado Erasmus+   Destinatarixs: poboación nova de 12 a 35 anos. Horario: de luns a venres de 9 a 15h. Horario de verán: de 9 a 14h. Contacto: 986840367   xuventude@pontevedra.eu http://xuventude.pontevedra.gal/web2017...

CERTAME NACIONAL DE MOZXS EMPRENDEDORXS

CERTAME NACIONAL DE MOZXS EMPRENDEDORXS
O Injuve convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores, cuxa finalidade é apoiar a mocidade  que lidera proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes de cada convocatoria, con independencia do sector no que se promovan. Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles. Entenderase por empresa os traballadorxs autónomxs, as empresas familiares, as sociedades colectivas e as asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica, O Injuve apoiará os proxectos seleccionados con 25.000 € cada un, e en total apoiaranse 10 proxectos distintos. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de agosto de 2015. Máis información no BOE do 18 de xullo de 2015 e en...

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS
A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de agosto de 2015. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A Máis información no DOG do 21 de xullo de...

Clases de apoio escolar e inglés

Clases de apoio escolar e inglés
Clases de Apoio escolar e inglés para infantil e primario a domicilio. Experiencia, paciencia, seriedade e bó prezo. Sesións interesantes e dinámicas facilitanda a aprendizaxe Tel. de contacto 679073524

Clases particulares a nenos/as de Infantil, Primaria e Eso...

Clases particulares  a nenos/as de Infantil, Primaria e Eso
Estudante de Enxeñería  de Minas, imparte clases particulares a alumnos/as  de Infantil, Primaria  e E.S.O. a domicilio na cidade de Pontevedra ou arredores. Prezos muy económicos e  bós resultados. Seriedade e motivación do alumno. Teléfono: 616 784275

« Entradas antigas