content top
Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo

Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo

O concello de Arteixo convoca o XVI Certame de Fotografía Ambiental.
O obxecto do certame será a realización de fotografías que promovan a reciclaxe e unha xestión responsable dos residuos no Concello de Arteixo.
Poderán participar no certame todas aquelas persoas que o desexen, podendo presentar dúas fotografías por concursante, como máximo.
As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun tamaño mínimo de 20×25 cm. e máximo de 30×40 cm. e irán centradas e montadas sobre unha cartolina de 40×50 cm. branca ou negra.
Queda a libre elección dos participantes o tipo de técnica a empregar (analóxica ou dixital) e a modalidade branco e negro ou cor. Así mesmo, deberase achegar unha copia nun CD, en formato JPEG, PNG ou TIFF, da fotografía cunha resolución mínima de 200 ppp e tamaño mínimo 800×600 px.
Se algunha das fotografías presentadas recollera primeiros planos, deberase, con carácter xustificativo, presentar unha fotografía dixital anexa (JPEG, PNG ou TIFF), cunha vista o suficientemente ampla onde se recolla o primeiro plano e no que se constate que foi tomada no Concello de Arteixo.

Premios:
1º Premio Xeral: 500,00 €
2º Premio Xeral: 400,00 €
3º Premio Xeral: 300,00 €
Premio ao Millor Fotógrafo Local: 300 € (persoas empadroadas sen límite de idade)
Premios ao Millor Fotógrafo Local Xoven: 300 € (persoas empadroadas menores de 16 anos)

O prazo para participar está aberto ata o 22 de xuño de 2018.

O enderezo de recepción é o seguinte:
“XVI Certame de Fotografía Ambiental”
Departamento de Medio Ambiente.
Travesía de Arteixo, 243 – 1º 15142 Arteixo ( A Coruña)

Máis info. no BOP da Coruña do 9 de abril de 2018 e na OMIX do Concello de Arteixo, tel. 981 602 413