content top
Concurso Youtubeir@s 2020

Concurso Youtubeir@s 2020

Nova edición do programa Youtubeir@s. Descarga as bases na web https://youtubeiras.gal/

Youtubeir@s ten como obxectivo promover e visibilizar o uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado dixital, Youtube, con vídeos de diversos temas e canles.

O arranque desta nova edición, por mor do confinamento, está centrada na parte máis virtual do proxecto co propósito de canalizar a vitalidade creativa que se está a xerar. Por iso, as entidades organizadoras acordan publicar as bases do concurso antes de iniciar o prazo de participación – que será a partir do 27 de maio próximo- para que se coñezan as condicións que deberán reunir os vídeos e as canles e poder optar a algún dos galardóns.