content top
Estadía de fin de semana nas beiras do Miño-Sil

Estadía de fin de semana nas beiras do Miño-Sil

Excursión de fin de semana ( 13 a 15 de xullo) para 22 persoas con aloxamento no Albergue e Centro de Educación Ambiental Equal en Coles (Ourense).

Requisitos : ter  de 18 a 35 anos e residir no concello de Pontevedra ( persoas doutros concellos poden solicitar e quedar en reserva)

Estadía para coñecer o patrimonio natural, cultural e etnográfico arredor do Miño-Sil e os seus afluentes:

  • visita ao bosque de Ridimoas,   iniciativa premiada no ámbito da custodia ambiental.
  • visita a viñedos e adega na Ribeira Sacra
  • sendeirismo, hípica e baño en aguas termais.

Saída dende Pontevedra o venres 13 de xullo ás 9:30 e regreso o domingo 15 xullo sobre as 21 h.

Prezo : 50 € (custo real 200 €). Inclúe desprazamento en bus, aloxamento en pensión completa e material das actividades.

Descontos do 20% co carné Xove e do 50 % familias numerosas ou monoparentais.

Solicitudes:http://apuntate.pontevedra.gal/  (Programa “Ponteverán”)