content top
Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño

Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño

Estadías en pensión completa de 10 días de duración nos meses de verán,  nas Residencias de Tempo Libre das localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).

Convoca:  Consellería de Política Social. Xunta de Galicia

Persoas destinatarias
Persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian acompañados/as dos seus proxenitores/as ou titores/as legais, e que teñan a súa residencia en territorio español ( poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior)
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

Distribución das prazas
A distribución das prazas será compartida nun 50 % entre a Consellería de Política Social e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas derradeiras eleccións sindicais.

Tipos de servizo
O servizo de residencia consistirá no aloxamento e na mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
Poderán gozar do servizo de comedor os e as familiares e persoas con relación de amizade cos ou coas residentes, que veñan visitar a instalación, segundo as normas para a provisión de prazas que determine a persoa que exerza a dirección de cada residencia, e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS419A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 23 de abril de 2018

Prezos: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=9