content top
Estudo “Escolas Deportivas Municipais: retos para garantir a igualdade”

Estudo “Escolas Deportivas Municipais: retos para garantir a igualdade”

Publicado polo Concello de Pontevedra e elaborado para analizar a práctica deportiva de nenas e nenos entre 4 e 14 anos para abordar por que existen disciplinas masculinizadas e outras feminizadas e por que o abandono das nenas é máis frecuente.
O estudo parteu dunha comisión de traballo na que estiveron presentes os concelleiros de Xuventude e Deportes, o persoal técnico de ambos departamentos, xunto a Anxo Gómez profesor de Educación Física do Instituto Sánchez Cantón; Carme Reboredo, membro da Comisión de Igualdade de Noites Abertas; Iria Vázquez, profesora de socioloxía da Universidade de Vigo e a tríatleta Alba Cuba.