content top
Fin de semana nas beiras do Miño-Sil

Fin de semana nas beiras do Miño-Sil

Excursión de fin de semana , do 13 ao 15 de xullo,  para 22 persoas de 16 a 35 anos con aloxamento no Albergue e Centro de Educación Ambiental Equal en Coles (Ourense).

Estadía para coñecer o patrimonio natural, cultural e etnográfico arredor do Miño-Sil e os seus afluentes:

  • visita ao bosque de Ridimoas,   iniciativa premiada no ámbito da custodia ambiental.
  • visita a viñedos e adega na Ribeira Sacra
  • sendeirismo, hípica e baño en aguas termais.

Saída dende Pontevedra o venres 13 de xullo ás 9:30 e regreso o domingo 15 xullo sobre as 21 h.

Prezo : 50 € (custo real 200 €). Desconto 20% co carné Xove e  50 % familias numerosas ou monoparentais.

Inclúe desprazamento en bus, aloxamento en pensión completa e material das actividades.

Solicitudes:http://apuntate.pontevedra.gal/  (Programa “Ponteverán”)