Formación de Monitorado de Tempo Libre Inclusivo | BIM
content top
Formación de Monitorado de Tempo Libre Inclusivo

Formación de Monitorado de Tempo Libre Inclusivo

Convoca e organiza:  Consellería de Política Social a través das Direccións Xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e de Maiores e Persoas con Discapacidade, en colaboración co Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA) e a Rede de Ocio Inclusivo de Galicia.

Para que os mozos e mozas que participan na Campaña de Verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ven de abrir unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional, convocatoria na que se terá en conta a formación especializada neste ámbito.

Consulta aquí o programa do curso “¿Son 1 monitor/a inclusivo/a?”

Consulta aquí o programa do curso de especialización en TDAH para profesionais do tempo libre

PRAZAS: Para cada un dos cursos, 25 monitores/as , directores/as  de tempo libre e de campos de traballo, ou outros/as profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.

INSCRICIÓN:As persoas interesadas en participar nas accións formativas programadas deberán cubrir este formulario.

O prazo para formalizar as inscricións rematará o  luns 21 de maio.

As prazas asignaranse por rigurosa orde de inscrición e segundo a preferencia indicada, en caso de que a persoa estea interesada en ambos cursos (os dous desenvóvense simultaneamente). A obtención de praza dá dereito á comida do día 26 no propio albergue.