content top
Formación para o emprego

Formación para o emprego

hai 2 horas

TI© EMPRENDES , proxecto dirixido á mocidade rural desempregada entre 16 e 30 anos e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra

QUE OFRECE?

  • Formación en materias específicas de cada zona
  • Formación para o autoemprego e o emprendemento
  • Titorías personalizadas para a procura de emprego
  • Asesoramento para a creación da túa propia empresa
  • Axuda económica de 13,45 € por cada día de asistencia

ACCIÓNS FORMATIVAS OFERTADAS

No marco do proxecto TI© EMPRENDES desenvolveranse 26 accións pertencentes a 11 itinerarios formativos, e que inclúen formación específica e formación en emprendemento, xunto con titorías de orientación profesional, autoemprego ou creación de empresas.

A duración de cada acción formativa é de 125 horas lectivas, a razón de 5 horas diarias de formación presencial. As accións formativas son as seguintes:

  1. Aplicacións móbiles
  2. Venda de Produtos e Servizos Turísticos
  3. Operacións Básicas de Pisos en Aloxamento
  4. Creación e xestión de Tendas en liña
  5. Servizos de Bar e Cafetería
  6. Organización e Xestión de Almacéns
  7. Márketing Dixital
  8. Guía por Itinerarios en Bicicleta
  9. DJ (intensivo)
  10. Contidos dixitais: Imaxe, Vídeo e Videoxogos
  11. Monitor Deportivo: Acondicionamento Físico en Grupo con Soporte Musical

COMO SE PODE PARTICIPAR?

O procedemento para a preinscrición rexerase polo establecido nas bases de selección das persoas participantes no proxecto TI© EMPRENDES.

Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante.

Preme no seguinte enlace para acceder á solicitude de participación no proxecto TI© EMPRENDES

ACCIÓNS FORMATIVAS E LUGARES DE IMPARTICIÓN

—  Zona 1 (A Illa de Arousa, Meaño, Meis e Portas): Aplicacións móbiles / Venda de Produtos e Servizos Turísticos / Operacións Básicas de Pisos en Aloxamento

—  Zona 2 (Pontecesures, Catoira, Cuntis e Valga): Tendas en liña / Servizos de Bar e Cafetería / Organización e Xestión de Almacéns / Márketing Dixital / Guía por Itinerarios en Bicicleta

—  Zona 3 (Forcarei e Silleda): Aplicacións Móbiles

—  Zona 4 (Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces): DJ (intensivo)

—  Zona 5 (Barro, Moraña, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade): Guía por Itinerarios en Bicicleta / Imaxe, Vídeo e Videoxogos / Servizos de Bar e Cafetería / Márketing Dixital

—  Zona 6 (Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz e Mondariz-Balneario): DJ (intensivo) / Monitor/a Deportivo/a: Acondicionamento Físico en Grupo con Soporte Musical / Guía por Itinerarios en Bicicleta / Aplicacións móbiles / Tendas en Liña

—  Zona 7 (Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza e Crecente): Monitor Deportivo: Acondicionamento Físico en Grupo con Soporte Musical / Servizos de Bar e Cafetería / Imaxe, Vídeo e Videoxogos

—  Zona 8 (Oia e O Rosal): Guía por Itinerarios en Bicicleta / DJ (intensivo) / Márketing Dixital / Aplicacións Móbiles

– Preme no seguinte enlace para acceder ás bases da convocatoria TI© EMPRENDES