content top
I Foro de Emprendedores de Pontevedra

I Foro de Emprendedores de Pontevedra

 

PontEmprende nace como un proxecto conectado 100% coas necesidades reais de autónomos e PEMES no mercado actual.

Un espazo de encontro entre os futuros emprendedores e todos os axentes presentes ó longo do proceso de emprendemento, co fin de dar unha base firme de coñecemento coa que asegurar os proxectos en xerme. 

Os relatores de PontEmprende veñen de áreas tan diversas como as finanzas, o márketing, a asesoría de empresas ou a formación, tocando todos os puntos de interese para o futuro emprendedor, co fin de achandarlle o camiño e facer do seu proxecto unha realidade viable a longo prazo.

Sábado 3 febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Información e inscrición na https://pontemprende.com/