content top
Novos Cursos Pisando Forte 2016

Novos Cursos Pisando Forte 2016

O luns 12 setembro comeza novo periodo de solicitude para os cursos que restan por realizar do programa de formación á mocidade Pisando Forte 2016

Podes facer a Pre-inscrición  a través dos formularios on-line na nosa web http://xuventude.pontevedra.gal/web2017

Informa : Concellaría de Xuventude-Concello de Pontevedra

Casa Azul, r/ Sor Lucia 2-3º andar

tel. 986 840367

xuventude@pontevedra.eu

Descarga todo o programa pisando-forte-2016

  • SÁCALLE PARTIDO Á TÚA MARCA PERSOAL

Que é a marca persoal? Introdución ás redes sociais (Linkedin, Google Plus, Twitter, Blogs, Youtube, Facebook). Ferramentas para xerar contido atractivo e estratexias. Xerar oportunidades a través da nosa marca persoal.

Imparte: Xeneme Proxectos Sociais

Datas: 5,6,13,19 outubro

Horario: 16-20h.

Lugar: Pazo da Cultura

Prazas: 20

Duración: 16 horas

Preinscrición: a partir do 12 de setembro

  • COMMUNITY MANAGER

Coñece o mundo das redes sociais e sácalle partido profesionalmente. Mellora das túas condicións e capacidades para a venda de produtos e servizos por Internet.

Imparte: Xeneme Proxectos Sociais

Datas: 20, 26 e 27 outubro

Horario: 16-20h.

Lugar: Pazo da Cultura

Prazas: 20

Duración: 12 horas

Preinscrición: a partir do 12 de setembro

  • CURSO DE INICIACIÓN AOS LABORES FORESTAIS

Formación sobre labores de desbroce en masas forestais, plantación e sementeira, poda, prevención de incendios, control de especies invasoras, aproveitamentos forestais, etc…

Imparte: Ex-alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán

Datas: do 19 ao 28 de outubro 2016

Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán

Horario: de 16 a 20 h.

Prazas: 15

Duración: 30 horas

Preinscrición: a partir do 12 de setembro

  • FORMACIÓN DE MEDIADORXS EN IGUALDADE

Formación encamiñada a sensibilizar a persoas mediadoras no eido da Igualdade para incorporar un enfoque integrador e respectuoso coa diversidade nas actividades formativas e de ocio coa mocidade.

  • Conceptos clave: xénero, sexismo, discriminación e desigualdade social.

  • A socialización diferencial de xénero: familia, ámbito educativo, medios de comunicación e linguaxe.

  • Cuestionando os roles de xénero

  • Que podemos facer como mediadorxs? Detección e intervención.

  • A coeducación e respecto pola diversidade

  • Sensibilización en Igualdade e prevención da violencia machista

Imparte: Iria Vázquez Silva (Doutora en Socioloxía e experta en Xénero)

Datas: os martes dende o 27 de setembro ao 22 de novembro (agás 12 outubro)

Horario: 17-20h.

Lugar: Pazo da Cultura

Prazas: 20

Duración: 24 horas

Preinscrición: a partir do 12 de setembro

  • I XORNADA “ESCOLA MUNICIPAL DE IGUALDADE PARA A MOCIDADE”

Presentación da Escola Municipal de Igualdade para a Mocidade neste espazo de intercambio de experiencias onde se falará da necesidade da formación en igualdade de oportunidades, da coordinación dos recursos e experiencias existentes, para logo centrarnos no marco do ocio e tempo libre como espazo educativo da mocidade.

Data: sábado 19 de novembro

Lugar: Pazo da Cultura

Horario: 9,30-13,30h.

Duración: 4 horas

Preinscrición: a partir do 12 de setembro

  • OBRADOIRO RELACIONAL “CONECTA COAS TÚAS FILLAS E FILLOS”

Curso para o intercambio de ferramentas e coñecementos entre pais, nais e titorxs.

Facer fronte aos problemas, ter opinión propia, tomar decisións libres, ter pensamento crítico, etc non se improvisa, é un proceso que se desenvolve ao longo de toda a vida. Educar dende a dependencia á total autonomía a través da educación emocional, a coeducación, o manexo de conflitos, … en definitiva, mellorar a nosa conexión e comunicación.

Imparte: Yolanda Cortegoso (Psicóloga)

Datas: martes 27 setembro, 4, 11, 18 e 25 de outubro

Lugar: Casa Azul

Horario: 20 – 22h.

Prazas: 15

Duración: 10 horas

Preinscrición: a partir do 12 de setembro

  • OBRADOIRO RELACIONAL “LIGUE, SEDUCIÓN E SEXUALIDADE PARA MOZXS”

Neste obradoiro coñecerás a linguaxe da sedución, estratexias, habilidades e técnicas de ligue e traballaremos para cultivar e coidar a nosa sexualidade dende as relacións igualitarias e respectuosas.

Imparte: Yolanda Cortegoso (Psicóloga)

Requisitos: mozos e mozas a partir dos 15 anos.

Datas: luns 3, 10, 17, 24 e 31 outubro

Lugar: Pazo da Cultura

Horario: 18-20h.

Prazas: 15

Duración: 10 horas

Preinscrición: a partir do 12 de setembro