Pontenciencia: Feira da Miniciencia | BIM
content top
Pontenciencia: Feira da Miniciencia

Pontenciencia: Feira da Miniciencia

Pontenciencia é unha feira de proxectos de investigación escolar aberta ao público.

Data: venres 1 e sábado 2 de xuño

Lugar: Escola de Enxeñería Forestal e Facultade de CC.Socias do Campus de Pontevedra

  • Espazo expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria.
  • Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia.
  • Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.

As modalidades de participación dos alumnos/as dos CEIP/CEP/CEE/ CPR do concello de Pontevedra son Ciencia no Cole ou Ciencia en Familia.

Exporán os resultados dos proxectos de investigación que seleccionen a partir das propostas realizadas por un comité científico universitario ou ben dunha temática libre, e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres e familiares.

Farase entrega de diplomas pola presentación dos proxectos a todos os participantes e colaboradores.

Ver Programa completo Programa 2018