content top
PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO

PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO

“Sube ao Palco” é un proxecto para dar visibilidade ao talento á vez que se recupera o uso don espazo aparcado durante anos: o Palco da Música.

Música, teatro, danza, artes plásticas, audiovisuais, poesía, performance, moda, …

Quen queira poñer a proba o seu proxecto poderá solicitar a súa participación que, para obter máis visibilidade e dispoñer de medios técnicos, será incluida dentro da programación.

Seguimos a crer con forza na efervescencia creativa da nosa cidade, sabemos que é un gran valor que nos identifica e queremos que todas e todos teñades a posibilidade de gozar dela.

Se tes entre 12 e 35 anos e un proxecto creativo, podes participar inscribindo o teu proxecto dende o luns 12 de marzo ata o venres 13 de abril de 2018.

Non o deixes para o último día e preséntate para que a cidade poida gozar da túa arte!

pontevedra.gal/sube-ao-palco/