content top
Programa do “Sube ao Palco”

Programa do “Sube ao Palco”

O Palco da Música da Alameda convertirase nos meses de maio e xuño no escenario do talento artístico da mocidade de Pontevedra coa programación do novo proxecto da Concellería de Xuventude, “Sube ao Palco”. 

Visibilizar o talento artístico da mocidade de Pontevedra, así como recuperar o espazo do Palco da Alameda, aparcado durante anos da programación cultural da cidade, son os obxectivos principais desta iniciativa que ofrecerá 12 propostas

Arranca este xoves, 3 de maio ás 20.30 h.  coa actuación musical de RoseMary: Marián Romero, estudante de Publicidade e Relacións Públicas no Campus de Pontevedra, é a artista que está detrás deste proxecto musical que mestura xéneros como o soul, o góspel ou o blues.

Oxoves, 10 de maio,  Jaime Van Bergen e Beatriz Sánchez Madruga co seu proxecto “Proceso de Creación Creativa – Impro sonora sobre formato audiovisual”; onde as imaxes e os sons xerarán unha estructura circular que sumerxerá aos espectadores nun mar de secuencias proxectadas poñendo en evidenca a capacidade da transformación social nas artes vivas.

 O xoves, 24 de maio será a quenda da webserie “Generación WIFI” e o xoves, 31 de maio da proxección das curtametraxes Van, Astal e Bágoas Negras. Ambas proxeccións se realizarán en dúas quendas a partir das 21.30 horas. Estarán presentes os membros dos proxectos audiovisuais que achegarán aos espectadores todos os detalles do desenvolvemento destas produccións.

O mércores 6 de xuño subirá ao palco ás 20.30 h.  o grupo pontevedrés de hardrock  Particle.

O xoves, 14 de junio ás 20.30 horas a performance teatral “Me hicieron la de Ubú Rey” de Miguel Tierra Rodríguez, na que se establecerá un diálogo indirecto no que se inclúen varias personaxes tratadas pola mesma persoa que se fai preguntas e se responde ao mesmo tempo. Estará acompañado no escenario por Daniel Gómez, que ofrecerá un concerto de música indie-folk.

O xoves, 21 de xuño, subiránse ao palco a escola de artes Alquimia Arts cunha exposición de pintura dos traballos realizados polos seus alumnos. Estarán acompañados da banda “Elephant in the Room”, proxecto de tres alumnas do Campus de Pontevedra, que ofrecerán un concerto en acústico.

A programación pecharase o xoves, 28 de xuño ás 20.30 horas coa obra de microteatroFase Lola” , unha reflexión sobre o amor e o papel da amizade na superación dunha crise sentimental.