content top
Programación do Cineclube para xaneiro

Programación do Cineclube para xaneiro

Todas as sesións de xaneiro serán de balde.
Idioma: Francés
Subtítulos: Castelán
______________________________________________
Martes 12 ás 20.15 h no Teatro Principal de Pontevedra
Le Havre (Aki Kaurismäki, 2011, 93 min., VOSE)

Le Havre (Le Havre, 2011) é o último filme do director finés Aki Kaurismäki e a primeira entrega da súa triloxía sobre cidades portuarias, cuxa segunda parte (co título provisional de Refugee) comezará a a rodar no outono do 2016. Competiu pola Palma de Ouro en Cannes e fíxose co premio FIPRESCI da crítica internacional, ademais de arrasar nos premios Jussi (galardóns do cinema finés) con seis estatuíñas, entre as que destacan “mellor filme”, “mellor director” e “mellor guión”.

 
Martes 19 ás 20.15 h no Teatro Principal de Pontevedra
A batalla de Solferino (Justine Triet, 2013, 94 min., VOSE)

A batalla de Solferino (La Bataille de Solférino, 2013) é a ópera prima da directora francesa Justine Triet, cuxa acción transcorre durante o 6 de maio de 2012, día no que Hollande gaña a Sarkozy nas eleccións presidenciais. O filme de Triet, entre os dez mellores do 2013 segundo a Cahiers francesa, parte dun drama cotián para falarnos dun intanxible maior: a imposibilidade de reconciliación entre os dous polos políticos que creban a sociedade francesa.

 
Martes 26 ás 20.15 h no Teatro Principal de Pontevedra
Mauvais Sang (Leos Carax, 1986, 116 min., VOSE)
 
Sangue Malo (Mauvais Sang, 1986), que regresou ás salas de cine despois de case 30 anos dende a súa estrea con imaxe restaurada e supervisada polo director, é o segundo filme de Leos Carax. Juliette Binoche e Denis Lavant son os protagonistas desta historia que comeza e remata coma un relato de cinema negro, mais cuxo núcleo é profundamente romántico.