content top
Programas fomento do emprego “DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017”

Programas fomento do emprego “DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017”

 

 

Os programas de fomento do emprendemento da Deputación de Pontevedra “DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017” chegan entre o mércores 17 e o venres 19 de xaneiro a un total de seis concellos da provincia de Pontevedra (Cangas, Ponteareas, O Porriño, Barro, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa) con xornadas de presentación destes proxectos.

As persoas interesadas deberán inscribirse a través dos formularios dispoñibles na páxina web da institución provincial www.depo.es

O enlace á  Folla de inscrición  para que as persoas interesadas reserven praza cuanto antes no  módulo de formación máis cercano ao seu  lugar de residencia : Cangas, Ponteareas, O Porriño, Barro, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

De cada unha destas xornadas sairán 15 das persoas que participarán en cada un destes programas ata chegar ao total de 120 prazas para “DepoEmprende 2017” (dirixido a todas as persoas desempregadas, con prioridade a distintos colectivos) e 135 para “DepoEmprende II” (menores de 30 anos).

Os dous  programas teñen por obxetivo formar na  xestión dunha microempresa ou  dun pequeno negocio e  posteriormente mentorizalos/as persoalmente para poder chegar a facer real un plan de negocio

Informa:
Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local
Edificio Administrativo
Avda. Montero Ríos s/n , Pontevedra.
Tlf: +34 986 804 100
Correo : promociondoemprego@depo.es
www.depo.es