content top
Proxección webserie “Generación Wifi”

Proxección webserie “Generación Wifi”

O xoves 24 de maio ás 21.30 horas nova sesión do proxecto “Sube ao Palco”no Quiosco da Alameda pontevedresa

Proxectarase a  webserie “Generación Wifi”, creada na súa meirande parte por estudante da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

Na súa producción conta coa colaboración de diversas entidades da cidade coma Down Pontevedra Xuntos, o Centro de Recursos Educativos da ONCR e a FilmComission Pontevedra, así coma actores, asociacións e establecementos de Pontevedra e outras localidades galegas.

A webserie centra o seu contido na adicción ás novas teconoloxías e engade coma valor, a inclusión social das persoas con discapacidade no cine, co fin de visibilizar e fomentar a participación deste colectivo en produccións audiovisuais poñendo en valor as súas capacidades.

Se o tempo non acompaña, trasladarase o evento ás instalacións da “Casa da Luz” na Praza da Verdura.