content top
“Gaivotas Subterráneas” con Luis Iglesia e Xabier Deive

“Gaivotas Subterráneas” con Luis Iglesia e Xabier Deive

Teatro
“Gaivotas Subterráneas” con Luis Iglesia e Xabier Deive
Mércores 6 e xoves 7 de febreiro ás 21:00 horas.
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 8 euros + gastos/ 5 euros + gastos
Máis información en www.pazodacultura.org e no Facebook

 

O Coproducida por Voz Audiovisual, a RTA e Talía Teatro, con Artur Trillo como director da obra baseada no texto de Alfonso Vallejo, chega a Pontevedra “Gaivotas Subterráneas”. Unha historia cargada de suspense e con tintes de thriller cinematográfico, adaptada na forma e no asunto aos nosos tempos e na que o espectador xoga permanentemente a adiviñar qué é o seguinte que vai acontecer. Dous actores afamados, Luis Iglesia e Xabier Deive (ambos coñecidos entre outros moitos traballos por Matalobos) darán vida a dous vellos amigos que se xuntan nunha casa no medio do monte despois de moitos anos. Ironía dura e humor negro que ademais de enganchar ao espectador, o farán rir

Entradas anticipadas en servinova e dúas horas antes de cada función na billeteira do Pazo da Cultura.