content top
V Xornada de ASEIA “Saúde emocional e agresividade: Educar en tempos de crise”

V Xornada de ASEIA “Saúde emocional e agresividade: Educar en tempos de crise”

Organiza: ASEIA ( Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia )
A xornada será un punto de encontro para todos os/as interesados/as que traballan no ámbito da infancia e da adolescencia cunha visión interdisciplinar.

Está recoñecida pola Xunta de Galicia como Actividade de Interese Sanitario. 

Data: sábado 19 de maio

Lugar: sede de Afundación de Vigo  rúa Policarpo Sanz 24-26. Vigo

Cota de inscrición: 45 € ( 30 €  socios/as de Aseia, Estudantes e Desempregados/as)

VER Programa: V_Xornada_ASEIA

INFO. E INSCRICIÓN:

WWW.ASEIAGALICIA.ORG

TEL. 657 915 423

correo: aseia.xornadas@gmail.com


Conferencia Inaugural “¿Axúdanos falar de mozos violentos?” a cargo de Jose Ramón Ubieto: Psicólogo clínico , membro da asociación Mundial de Psicoanálise e  Profesor de la Universitat Oberta de Catalunya.Outros relatores: MºAurora Guardia Martín psicóloga clínica e profesora de ciclos  formativos ; Natalia Fernandez Díaz psicóloga coordinadora do programa A mirada do outro de Aseia; Rebeca Fernandez Pereira :psicopedagoga  e coordinadora do grupo de traballo Adolescencia Positiva de Aseia; Ricardo Fandiño Pascual  Psicólogo especialista en Clínica , especialista en adolescencia e presidente de Aseia; Mercedes Oliveira Malvar : doutora en Filosofía e coordinadora do Comando Igualdade. David García Díez Director do Instituto Wilhelm de Galicia; Cristina Martínez Bernárdez, psicoterapeuta especialista en infancia e adolescencia ,  coordinadora ASEIA en Vigo. A conferencia de clausura co título “Os pais e as nais como educadores: familia versus escola ” a cargo de  Jerónimo Bellido ,  Psicólogo especialista en Psicoloxía clínica , psicoterapeuta de Orientación Reichiana , vexetoterapeuta e Director do Instituto Wilhelm Reich Europa.