content top
Xeración Sónica 2020/21

Xeración Sónica 2020/21

Xeración Sónica é un proxecto de titorización de proxectos musicais e audiovisuais enfocado a rapazas e rapaces de 13 a 16 anos. É un proxecto impulsado pola Concellaría de Xuventude con carácter educativo, cultural e artístico, que emprega a música como elemento de cohesión social e de inclusión. Ao remate do curso 2020/21 terá lugar a gravación dun disco e unha serie de vídeos e concertos resultado do proceso creativo destes rapaces e rapazas.

Pre-inscrición a partir do martes 27 de outubro en http://apuntate.pontevedra.gal