Xornada “Infancia e Adolescencia: unha cara oculta da Violencia de Xénero” | BIM
content top
Xornada “Infancia e Adolescencia: unha cara oculta da Violencia de Xénero”

Xornada “Infancia e Adolescencia: unha cara oculta da Violencia de Xénero”

A xornada será o sábado 26 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra

Organiza: Deputación, Concello de Pontevedra e Universidade de Vigo, e enmarcada na Escola de Igualdade María Vinyals.

Son 150 prazas para profesorado e alumnado da Universidade de Vigo, para o profesorado e persoal educativo dos centros dependentes da institución provincial, para profesorado de centros de ensino dependentes da Consellería de Educación, para as e os profesionais dos CCFFSS, persoal técnico dos Centros de Información á Muller, profesionais da Sanidade, da Xustiza e todas aquelas persoas interesadas no tema.

Inscrición gratuita aberta ata o 23 de maio, a través de www.depo.gal

Programa

9:30-10:00. Benvida institucional

10:00-10:15. “O Proxecto REDES”. Ángeles Parrilla Latas. Directora do Proxecto REDES. Profesora da UVigo

10:15-11:30. Panel de presentación do microproxecto “Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero”

  • Azucena Arias Correa. Orientadora e profesora da UVigo
  • Daisy Alcalde Monteagudo. Mestra. Asociación feminista O Soño de Lilith
  • Iria Vázquez Silva. Profesora da UDC
  • Presenta e modera: María A. Lires. Coordinadora do microproxecto. Profesora da UVigo

11:30-12:00. Descanso-café

12:00-13:30. Conferencia: “Violencia vicaria e SAP: fillas e fillos como vítimas da violencia de xénero”

13:30-16:00. Xantar

16:00-18:00. Obradoiros

  1. “A coeducación, o camiño para a prevención da violencia de xénero”. Mariví Fernández Roldán. Asesora do Berritzegune de Irún
  2. “Crianzas maltratadas: detección e abordaxe desde o ámbito sanitario”. Lola Ferreiro Díaz. Experta en xénero e saúde
  3. “Menores e violencia de xénero, tratamento interdisciplinario. Detección e actuación das administracións públicas. Apuntes sobre o Pacto de Estado”. Paz Filgueira Paz. Titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo
  4. “Desmontando mitos contra nenas, nenos e adolescentes desde o eido asociativo”. Estrela Gómez Viñas. Presidenta de AGAMME

18:00-18:30. Descanso-café

18:30-20:00. Posta en común e conclusións