Axudas á mocidade para a compra de vivenda

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas á mocidade para a adquisición de vivenda:

– Subvencións para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes.
– Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos.


Dirixidas a persoas mozas maiores de idade que, teñan menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude.


Requisitos da vivenda:
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes
2. Que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico
3. Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto vivenda nova como usada.

Requisitos do prezo de adquisición da vivenda:
1. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
2. No caso de subvencións para a adquisición de vivenda en centros históricos, que o prezo de adquisición da vivenda, no caso de que estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, non supere o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, computando unha superficie útil de 120 m² e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.

As solicitudes tramitaranse preferiblemente en https://sede.xunta.gal/portada cos procedementos VI435A e VI400A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o o 1 de setembro de 2021
Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/

X