Axudas á mocidade para o emprendemento en economía social

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o Programa Aprol-economía social con axudas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
Este programa busca fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou en proba. Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
A contía da subvención ascenderá un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Programa II: fomento do acceso á condición de persoa social
Dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.
A contía da subvención ascenderá un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Persoas e entidades beneficiarias:
a) As cooperativas e sociedades laborais que contraten ou incorporen socios/as.
b) As persoas desempregadas que formen unha cooperativa.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021.
Máis información no DOG do 8 de febreiro de 2021 e na web da Consellería de Emprego e Igualdade

X