Exposición “Educación en feminino: un paseo pola historia”

Exposición que reúne unha serie de pósteres elaborados polo alumnado da materia Teoría e historia da educación escolar da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, que presentan unha aproximación ao labor de 32 educadoras de todos os tempos e xeografías. 

Lugar: “Casa das Campás”, Vicerreitorado do campus de Pontevedra. R/ Don Filiberto- Pontevedra

Aberta ata o 26 de marzo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.