Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente.

Requisitos específicos:
– Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.

Requisitos comúns:
a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano.
c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo que se conceda a axuda.
d) Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos

e) Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a dúas veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Este límite será de catro veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco veces o IPREM* cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2021
Máis información no DOG do 30 de marzo de 2021 e en http://igvs.xunta.gal

*IPREM mensual: 564,90 € euros/mes