Concurso de guións de curtos sociais “E ti, como controlas?”

A Fundación Esplai convoca o concurso de guións de curtos sociais “E ti, como controlas?”, un programa que pretende sensibilizar á cidadanía, a través da creación e divulgación de vídeos-anuncio sobre temas sociais, deseñados por mozos/as de 15 a 18 anos

Inscríbete no formulario web. Recibirás os materiais sobre como elaborar un guion por correo electrónico.
Envía o teu guión: podes envialo contestando o correo electrónico desde o que che chegará o material.
Gravación dos guións gañadores: se o teu guión está entre os elixidos como gañadores, contarás coa axuda de persoal profesional para gravalo.

  • Requisitos
  • Poden participar persoas mozas de 15 a 18 anos.
  • Concurso de ámbito nacional.
  • Deberase participar en grupo.
  • Terase en conta a creatividade, as persoas implicadas, a atención a cuestións de promoción da igualdade xénero, antirracista, de responsabilidade ambiental e os Obxectivos de Desarollo Sostible, ODS, en xeral.
  • Podes participar con máis dun guión, os cales deben ser de autoría propia (é dicir, orixinais).
  • Os guións non poden estar escritos e/ou editados por profesionais.
  • O xurado resérvase o dereito de descartar os guións que non reúnan un mínimo de requisitos de calidade ou que puidesen resultar ofensivos ou de mal gusto.

Dotación
Gravación do guion cun equipo profesional. Os vídeos colgaranse na canle de Youtube de Fundación Esplai.

Prazo: ata o 18 de marzo de 2021

Asistencia ao Festival “Mocidade Comprometida Film Festival” onde se visionarán os vídeos.