Convocatoria de exame de Competencias Clave

Convocatoria de exame de Competencias Clave para o acceso aos cursos formativos de certificados de profesionalidade

Resolución do 26 de febreiro de 2021 -DOG do 5 de marzo de 2021- da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación:

Lugar de realización das probas: prevese que sexa no Recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra).

Datas previstas para a realización das probas: prevese que teñan lugar a finais do mes de xuño sempre atendendo as recomendacións que as autoridades sanitarias establezan.

Prazo de solicitudes: ata o 7 de abril de 2021 incluído.

Información: https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave

Teléfonos: 981 546 856/ 981 541 562
Correo electrónico: ctb.igcualif@xunta.gal