Curso “Promoción da Igualdade efectiva entre homes e mulleres”

Curso con Certificado de Profesionalidade para analizar as situacións de desigualdade de xénero e as consecuencias que ten para a comunidade. Estúdanse os recursos e as actividades para acadar a igualdade entre homes e mulleres.
No curso diséñanse campañas de sensibilización, elaboración de material de difusión (folletos, carteis, etc.), diseño de proxectos de prevención da violencia de xénero, etc.

Ocupacións que podería desempeñar despois de realizar esta formación:

  • Técnico/a de apoio en materia de igualdade efectiva de mulleres e homes.
  • Promotor/a de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • Promotor/a para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
  • Titulación que se acadaría: Certificado de profesionalidade de promoción da igualdade efectiva entre homes e mullerres.
  • Requisitos:
  • Estar en situación de desemprego
  • Acreditar algunha destas titulacións: Bacharelato, certificado de profesionalidade de nivel 3, certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional, competencias clave para o nivel , ,requisitos de acceso a un ciclo de grao superior ou proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou de 45 anos
  • Total en horas: 588
  • 450 horas do curso.
  • 120 horas prácticas empresa.

Datas : 6 de abril a 27 de setembro de 2021
Horario: meses de abril e maio de 15 a 21 h. e de xuño e xullo de 9 a 15 h. (o horario das prácticas en empresa estará suxeita ao horario da entidade)

Lugar curso: CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

Información: Teléfono: 886 159 860 . Correo electrónico: cifp.xunqueira@edu.xunta.gal
Inscricións: antes do 19 de marzo en https://www.emprego.xunta.gal ( Oficinas de Emprego)