Cursos “Proxecto Labora”. Deputación de Pontevedra

Itinerarios formativos para a obtención de certificados de profesionalidade cofinanciado polo Fondos Social Europeo (FSE) A formación que se imparte é gratuíta para as persoas participantes.

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 están destinados a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen en algunha das seguintes situacións:

•             Persoas desempregadas de longa duración (PLD)

•             Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)

•             Persoas maiores de 55 anos

•             Persoas con discapacidade

•             Inmigrantes

•             Minorías étnicas e comunidades marxinadas

•             Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar

•             Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

Para solicitar a preinscrición son necesarios os seguintes pasos: 

•             Solicitar a formación correspondente na oficina de emprego correspondente ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.xunta.gal).

•             Facendo a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482)

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.

Informa; Proxecto Labora, Deputación de Pontevedra

Tlf: +34 986 804 100
correo: deputaciondepontevedra@depo.es