Cursos gratuitos en liña para desempregadas/os

Servizo municipal gratuíto de formación en liña para desempregados/as empadroados/as no concello de Pontevedra.

Na web http://pontevedra.formaemprego.com conta cunha proposta inicial duns 500 cursos en 29 áreas diferentes como Administración e Oficinas, Ofimática, Internet e Redes Sociais, Deseño Gráfico, Desenvolvemento Web, Informática, Idiomas, Alimentación e Hostalería, Márketing e Vendas, Oficios….

Unha vez superado o curso, o/a alumno/a poderá descargarse o seu certificado formativo e inscribirse novamente a outro curso que lle interese, tendo a posibilidade de realizar tantos cursos como queira, coa única limitación de non poder realizar dous cursos ao mesmo tempo

Organiza: Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.

Para consultas ou dúbidas envia correo a proxectoiles@pontevedra.eu

X