Fins de semana gratuitas en Albergues Xuvenís

Programa da Xunta de Galicia que se desenvolve nos albergues xuvenís LugII, localizado na cidade de Lugo, e en Gandarío, no concello de Bergondo.

Ofertaranse un total de 160 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto.

Quen pode participar?

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude e queiran gozar dun programa de actividades de educación non formal nos albergues xuvenís.

Prazas

O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 20, o que suma un total de 160 prazas dispoñibles.

Cando?

  • Do 14 ao 16 de maio
  • Do 21 ao 23 de maio
  • Do 28 ao 30 de maio
  • Do 04 ao 06 de xuño

Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día 7 de maio ás 13.00 horasFORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas adxudicaranse, como se dixo anteriormente, por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.

No formulario de confirmación de solicitude só se poderá elixir unha quenda, se ben no caso de que queden prazas libres, ofreceráselles aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa no que haxa vacantes.

Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace