Intercambio Xuvenil en Armenia

A entidade Ticket2Europe anda a procura de 6 participantes para o intercambio xuvenil “You(th) in Rural Tourism”, do 21 de xuño ao 2 de xullo, en Tsaghkadzor (Armenia).

O proxecto centrarase nas temáticas de emprendimento e turismo rural.

Para poder participar , deberás facerte socio/a da entidade Ticket2Europe , ter entre 18 e 30 anos (para a praza de team leader non hai límite de edade) e residir legalmente en España.

O proxecto está subvencionado pola Comisión Europea a través do programa Erasmus+, polo que cubrirase os gastos de aloxamento, manutención e reembolsaranse os gastos de transporte (ata un máximo de 520 euros).

Para poder participar , deberás enviar a túa application form o antes posible.

Poderás atopar máis información sobre o proyecto en Info pack – You(th) in Rural Tourism.

X